20/1/2010
Diante do resultado da Auditoría a Caixa Galicia e Caixanova presentado esta mañá pola Xunta
Diante da presentación dos resultados da auditoría a Caixa Galicia e Caixanova, presentado esta mañá pola conselleira de Facenda, e á espera de coñecer o contido da mesma, a CIG solicitou a apertura inmediata dun proceso de negociación destinado a minimizar o impacto sobre o emprego que vai supor a fusión das dúas entidades, así como para homologar e garantir as condicións laborais do persoal. Dende a CIG tense denunciado que o persoal das caixas de aforros deberá asumir as consecuencias dunha xestión cuestionábel por parte das direccións, ante as que tamén se esixirán medidas.