28/12/2010
A sentenza considera tamén que a institución provincial e o Concello de Xinzo vulneraron o dereito fundamental dun empregado á tutela xudicial efectiva
A Deputación Provincial de Ourense e, solidariamente, o Concello de Xinzo de Limia veñen de ser condenados polo xulgado do Social número 1 de Ourense por cesión ilegal dun traballador e por violación da súa garantía de indemnidade e do dereito fundamental á tutela xudicial efectiva. A sentenza obriga a readmitir ao empregado, que fora despedido a a finais de xuño, no seu posto de traballo.
26/1/2010
Acompañados por delegados/as da CIG, trasladaron as súas reivindicacións até as portas da Deputación de Ourense
Unha representación do Corpo da Policía Local de Verín, acompañado por delegados e delegadas da CIG, deu continuidade ás mobilizacións que emprendeu hai máis dun ano cunha concentración este luns, 25 de Xaneiro, diante dos edificios da Deputación de Ourense para denunciar a falta de negociación colectiva no Concello e reclamar á institución provincial que medie diante do alcalde de Verín, co obxecto de promover o inicio dun diálogo coas organizacións sindicais e os traballadores/as.