27/1/2012
A central sindical critica que a Consellaría se inhiba das súas competencias en materia educativa, pregándose as imposicións do Goberno de Madrid
A CIG-Ensino esixirá, na Mesa Sectorial do vindeiro 31 de xaneiro, a convocatoria da oferta de emprego público, unha convocatoria absolutamente necesaria para manter a atención educativa nos centros e para crear emprego. A conxelación da oferta significaría que non se cubrirían as xubilacións que se están a producir neste curso, sumadas ás que xa se produciron o ano pasado e que non foron cubertas, o que se traduciu nun déficit de máis de mil docentes no mesmo inicio do curso.
4/3/2011
A CIG-Ensino critica que a administración antepoña criterios economicistas ao dereito do alumnado a recibir aulas
A Consellería de Educación estase negando a cubrir todas aquelas baixas do profesorado que se están producindo nestas últimas semanas, segundo informou a CIG-Ensino. Neste momento, na páxina da Consellaría atópanse máis de 20 baixas de mestres e 41 de secundaria que non serán cubertas até despois do entroido.
2/2/2011
A CIG-Ensino denuncia que destas prazas, 19 non poden cubrirse ao restas menos de 15 días para a súa finalización
A CIG-Ensino comprobou, unha vez máis, que a día 2 de febreiro, ás 12:00 da mañá, a Consellaría de Educación tiña na súa web 58 baixas do profesorado sen cubrir e 11 baixas máis que se van producir nos próximos días e xa foron comunicadas. Das 58 baixas que se produciron até agora, 13 son anteriores a esta semana e 20 son do luns. As prazas sen cubrir son 43 de Secundaria, 5 de Infantil e Primaria, 4 de conservatorio e 2 de Escolas Oficiais de Idiomas.
19/10/2010
O IES de Curtis, o Agra de Leborís da Laracha, o Agra de Raíces de Cee e o Pedra da Aguia de Ponte do Porto carecen de persoal e viron como se reducían os ciclos ofertados
A CIG-Ensino amosa o seu total apoio aos IES de Curtis, IES Agra de Leborís da Laracha, IES Agra de Raíces de Cee e mais IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto (Camariñas) afectados pola política de destrución do ensino público que a Consellaría do PP, co seu Conselleiro Jesús Vázquez á cabeza, vén aplicando nomeadamente neste curso 2010-2011.
17/9/2010
A falta de persoal está a provocar a masificación das aulas e a supresión de apoios para atender as necesidades educativas especiais
O inicio do curso na comarca de Compostela evidencia, segundo denunciou a CIG-Ensino, unha problemática que continúa sen ser resolta e que está motivada, fundamentalmente, polo recorte do profesorado, que comporta que os centros teñan moitas das súas necesidades sen cubrir. De feito, estase estendendo a masificación das aulas nos centros, tense reducido a oferta de materias optativas e suprímense os apoios para atender as necesidades educativas especiais. Dende a Federación do Ensino lamentan que a Consellaría de Educación teime en gastar millóns de euros para reducir a presenza do galego nas aulas en troques de contratar máis persoal para cubrir as necesidades de profesorado dos centros e achegarlles os medios materiais precisos.
16/9/2010
A Inspección educativa informa desfavorabelmente e impide que se cubran as prazas oficiais no instituto larachés
Nun inicio de curso que está a resultar especialmente conflitivo nos centros docentes públicos pola política de recortes do profesorado e do agrupamentos de aulas, a Consellaría dá unha nova mostra do que nunca debe facer un goberno: empurrar aos estudantes dun instituto cara o fracaso escolar por puros motivos económicos, entendendo a educación como un gasto e non como un investimento. O pasado 13 de setembro, explica a CIG-Ensino de A Coruña, o claustro do IES Agra de Leborís da Laracha acordou comunicarlle á inspección educativa a súa oposición á pretensión da Consellaría de reducir unha liña nos cursos de 1º e 2º da ESO, pasando das actuais 4 aulas por nivel a tan só 3, negándose a proceder ao reparto de horario do profesorado.
12/5/2010
A central denuncia tamén que a administración continúa sen cubrir as baixas do profesorado
A CIG-Ensino trasladou o seu apoio aos pais e nais do CEIP Lamas de Abade, que están a solicitar á administración a implantación dunha dobre liña en Educación Infantil. Segundo explican dende a Federación, o centro ten neste momento catro unidades de educación infantil, unha delas mixta con alumnado de 3, 4, e 5 anos. Para o próximo curso, a Consellaría impón dúas aulas mixtas, unha de 3 e 4 anos e outra de 4 e 5 anos (ademais das tres aulas con 25 alumnos/as de igualdade). A comunidade educativa considera que a solución idónea serían seis unidades con ratios de entre 16 e 19 alumnos/as, xa que se incrementaría a oferta de prazas escolares na rede pública e non quedaría fóra alumnado, nunha zona de grande expansión demográfica.