25/11/2011
O pasado venres 18 de novembro saíu publicado no BOE o Real Decreto 1543/2011 polo que se regulan as prácticas “non laborais” nas empresas
A Secretaría Confederal da Mocidade da CIG vén de denunciar o uso fraudulento que se está a facer das bolsas para encubrir postos de traballo. Con esta medida afóndase, unha vez máis, na desprotección da mocidade no acceso ao mercado laboral, xa que supón o amparo legal da “contratación” –pero sen contrato- de aprendices, que teñan entre 18 e 25 anos.
5/3/2010
Pola regulación da contratación, polo cumprimento do convenio e contra a represión sindical
Ás 11.30 da mañá o 5 de marzo houbo unha rolda de prensa da CIG-Metal para dar a coñecer a convocatoria de folga no sector naval da central sindical nacionalista para o 10 de marzo contra a desaparición da bolsa de emprego e na defensa da regulación da contratación no sector. A folga terá unha duración de 24 horas e a convocatoria atinxe a todos os traballadores e traballadoras do sector naval con ou sen convenio propio da provincia de Pontevedra. Promóvese tamén esta folga polo incumprimento do Convenio Colectivo do Metal, contra a flexibilidade horaria e contra a represión sindical.
16/2/2010
Anuncian asembleas e mobilizacións nas próximas semanas, xa que se volve á situación de desregulación do ano 2005
O martes 16 de febreiro tivo lugar unha rolda de prensa no local da CIG de Vigo na que participaron os coordenadores da CIG-Metal de Vigo, Henrique Pérez e Roxelio Veiga, asi como Miguel Malvido, secretario nacional da CIG-Metal, e Manolo Simón, responsábel comarcal do sector naval da CIG-Metal de Vigo. Nesta comparecencia diante dos medios de comunicación amosaron o seu rexeitamento ao pre-acordo asinado o luns 15 de febreiro na mesa de contratación do naval por ser "fume", e desregular totalmente a contratación no sector naval, retrotraendo á situación do sector neste aspecto no 2005. Informaron da celebración de asembleas nos estaleiros nesta semana e da convocatoria de mobilizacións contra este pre-acordo, asinado pola patronal e CCOO e UGT.
27/1/2010
Repártense milleiros de follas informativas no sector coa posición da CIG na cuestión da contratación
Desde a sinatura do Convenio por parte de CCOO e UGT, coa patronal, teñense dado novos pasos para tentar desregularizar máis o sector naval. A CIG-Metal denuncia que na Mesa do Naval, que debería servir para regularizar o modelo de contratación neste sector, a patronal, coa axuda dos sindicatos CCOO e UGT, queren botar abaixo o modelo da Bolsa de Emprego e aumentar a flexibilidade coa imposición dunha bolsa de horas. Diante desta situación, a central sindical nacionalista editou unha folla informativa para dar conta da súa oposición e dos últimos acontecementos neste conflito.