10/2/2012
O xoves realizarán unha nova concentración nos centros de traballo e máis adiante outra fronte ao Marco
Máis
de 400 empregados/as da delegación da Xunta de Galiza en Vigo
realizaron este mediodía unha concentración de protesta diante do
edificio autonómico para amosar o seu rexeitamento aos recortes
laborais propostos polo Goberno galego. O vindeiro xoves levarán a
cabo concentracións fronte aos centros de traballo e máis adiante
convocarán outro fronte ao Marco.
7/2/2012
Pablo Micheli sobre a loita en prol do recoñecemento da “personería gremial” e da situación actual da clase traballadora no país latinoamericano
A Fundación Moncho Reboiras-Fesga vén de publicar unha entrevista en vídeo con Pablo Micheli, secretario xeral da Central de Traballadores da Arxentina (CTA), que visitou Galiza recentemente convidado pola Confederación Intersindical Galega.
7/2/2012
A conferencia sindical celebrada este martes en Compostela aprobou por aclamación a mobilización
O
secretario xeral da CIG compareceu en rolda de prensa xunto ao responsábel de Comunicación e Propaganda para anunciar a convocatoria dunha xornada de folga xeral nacional para a última semana
do mes de marzo. A decisión foi adoptada practicamente por aclamación -só houbo sete abstencións- durante a conferencia
sindical que se celebrou en Santiago de Compostela este martes e
na que participaron máis de 350 dirixentes da central nacionalista. A data definitiva será consensuada coas distintas organizacións sindicais que decidan sumarse á mobilización.
6/2/2012
Arredor de 400 dirixentes da central nacionalista participarán na xornada de análise que se celebra este martes día 7 en Santiago de Compostela
A CIG celebra unha conferencia sindical nacional en Santiago de Compostela este martes 7 de febreiro na que arredor de 400 as dirixentes da central nacionalista debaterán o contexto político sindical e laboral e as alternativas fronte á crise do sistema capitalista. As conclusións que se tiren do encontro marcarán o traballo a desenvolver nos vindeiros meses.
6/2/2012
O Goberno local, do PP, tentou impor unhas condicións laborais sen negociar e á marxe das pactadas no convenio
O Xulgado Social número 1 de Ourense vén de facer
pública unha sentenza pola que se condena ao Concello de Viana do
Bolo por violación do dereito á negociación colectiva ao tentar
impor unhas condicións laborais ao seu persoal sen negociar e á
marxe das pactadas no convenio colectivo.
3/2/2012
A central pon a disposición dos interesados/as o asesoramento do Gabinete de Economía Social e os locais do sindicato para as xuntanzas
Neste tempo de crise do modelo socio-económico, de necesidade de implementar alternativas que dean cumprida resposta á creación e vertebración dun novo sistema máis xusto e solidario, a posibilidade das cooperativas de traballo asociado son alternativas reais xa existentes en Galiza que se afastan dos modelos empresariais ao uso. Trátase de iniciativas nas que se deseñan empregos coexistentes con obxectivos da economía social, modelos sustentábeis e respectuosos na convivencia entre iguais e co medio onde se integran.
19/1/2012
A CIG denuncia que as empregadas foron despedidas para seren substituídas por outras en peores condicións laborais
As cerca de 20 ex traballadoras do
servizo de acompañamento escolar de Monbús afiliadas á CIG
realizaron hoxe unha concentración diante do SMAC coincidindo cos
actos de conciliación das demandas presentadas polas 30 empregadas
despedidas en decembro pola empresa, que continuarán polo Xulgado do Social despois de que non se chegase a un acordo. Dende a central nacionalista
denuncian que a compañía pontevedresa rescindiulles os contratos
para substituílas por outras persoas en peores condicións laborais.