15/5/2013
Valorarán unha inminente convocatoria de folga nos quirófanos
O persoal do CHUS
segue a reclamar a aplicación dos criterios de igualdade, mérito e capacidade
para o acceso ás prazas e que estas non sexan designadas “a dedo”, de forma
arbitraria, por parte da xerencia ou dirección de enfermería. Por iso volveu a
concentrarse esta mañá diante do edificio do Sergas e anuncia que valorará unha
inminente convocatoria de folga nos quirófanos a fin de seguir coas
mobilizacións.
15/5/2013
Denuncia o deterioro da saúde e o incremento das listas de espera cirúrxicas, de consultas e de realización de probas diagnósticas que provocará
A
CIG-Saúde considera que o peche de camas durante o verán non ten xustificación
posible. Afirma que nin o fan por mellorar a eficiencia do sistema, nin moito
menos pensando nas necesidades das/os traballadoras/es. Denuncia ademais que
non se trata dun problema provocado polas vacacións do persoal e reclama que se
bote man das listaxes de persoal para facer as substitucións que sexan necesarias.
8/5/2013
Demanda do SERGAS a paralización deste recorte e que se resolvan de inmediato as irregularidades existentes
CIG-Saúde denuncia
que as traballadoras e traballadores do Centro de Transfusión de Galiza están a
recibir unha comunicación da dirección da fundación pola que se lles comunica a
suspensión do acordo de equiparación salarial 2004-2006 coa consecuente
eliminación das súas nóminas das cantidades correspondentes a este concepto. A
central sindical considera que esta decisión é consecuencia da mala xestión da
fundación e vén de presentar no rexistrou n escrito dirixido á conselleira de
Sanidade, Beatriz Mosquera, mo que reclama do Sergas que paralice este recorte
salarial.
7/5/2013
Para a central sindical a proposta da Xunta do PP non busca a creación de emprego público, senón só avanzar na destrución de servizos públicos e os dereitos do seu persoal
A Área Pública da CIG (Administración, Saúde e Ensino) vén de presentar máis de 200 alegacións ao Anteproxecto de Lei do Emprego Público de Galiza. Un anteproxecto que a central nacionalista rexeita na súa totalidade, por non ser máis que unha recompilación dos recortes na Función Pública e os Servizos Públicos aplicados polo Goberno do PP nos últimos anos, que ademais introduce novos recortes de dereitos e afianza o control, a centralización e a uniformización a todas as administracións galegas, facilitando así a reorganización, eliminación ou modificación das mesmas ao arbitrio do político de quenda á fronte de cada unha das unidades administrativas.
9/4/2013
Solicitan unha reunión urxente co novo Xerente de Atención Integrada para abordar o desmantelamento progresivo deste servizo
A Xunta de Persoal da Xerencia de Atención Integrada da Coruña vén de reclamar a cobertura inmediata da praza de xinecoloxía do COF do Ventorrillo, xa que logo de transcorridos tres meses o Sergas continúa sen atender as demandas do persoal sanitario e a cidadanía a este respecto. O Centro de Orientación Familiar permanece sen xinecólogo/a, logo de que o especialista que atendía o servizo se xubilase e o Sergas decidise non cubrir a praza e remitir as usuarias/os á o COF de Orillamar. Medida que suscitou a convocatoria de varias mobilizacións.
8/4/2013
O órgano de representación esixe un decreto de área propio que garanta a continuidade e a mellora das prestacións sanitarias da Mariña
A Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Mariña expresou o seu enérxico rexeitamento ao nacemento do Decreto de Área Sanitaria da provincia de Lugo publicado polo Goberno de Alberto Núñez Feijoo, e “que sentencia a morte á Sanidade da cidadanía da Mariña”. Unha decisión política que, advirten, centralizará as especialidades en Lugo, provocará o peche de servizos do Hospital da Costa e a destrución de emprego sanitario, "desmantelando pouco a pouco a carteira de servizos e obrigando a cidadanía a desprazarse a 100km para acudir ao/á médico/a especialista e para todas aquelas intervencións cirúrxicas non urxentes".
5/4/2013
Xa están orzamentadas no cadro de persoal do SERGAS do ano 2013
A CIG-Saúde vén
de remitir un escrito á xerenta do Servizo Galego de Saúde para solicitar que
as 15 prazas de capeláns que prestan os seus servizos nos hospitais da rede pública
e que non están cubertas sexan convertidas en prazas estruturais de persoal
estatutario, xa que están orzamentadas no cadro de persoal do SERGAS do ano
2013.