10/2/2012
Exixiron, tanto na Mesa, como na concentración, a inmediata retirada do anteproxecto co que o PP pretende recortar as súas condicións laborais e salariais
Centos de empregados/as públicos/as
participaron este venres na concentración convocada ante a Escola Galega de Administración Pública,
coincidindo coa celebración da Mesa Xeral da Función Pública. Tanto as persoas
concentradas, como os representantes sindicais que participaban na Mesa exixiron
a retirada do “Anteproxecto de medidas no emprego público na Xunta de Galiza”. Denuncia
que se trata dunha proposta que se limita a introducir recortes nas condicións
laborais e salariais dos empregados e empregadas do sector público.
9/2/2012
Convocan outra concentración, este venres 10 de febreiro, diante da EGAP, a partir das 13:00 horas, coincidindo coa celebración da Mesa Xeral do emprego público de Galiza
Máis de 3.000 traballadores e traballadoras do
sector público déronse cita esta mañá diante de San Caetano, coincidindo coa
celebración do Consello da Xunta. O que inicialmente estaba previsto como unha
concentración de delegados e delegadas converteuse finalmente nunha masiva
mobilización á que se sumou todo o persoal que por proximidade ou por quendas
puido ir a manifestar o seu máis rotundo rexeitamento aos recortes propostos
polo goberno do PP. O persoal, que participou masivamente nas asembleas
convocadas polas organizacións sindicais, chegou a fletar autobuses desde
diversos puntos de Galiza para sumarse a esta mobilización convocada con
carácter de urxencia.
7/2/2012
CIG, CCOO, UGT e CSI-F non descartan convocar folga en todas as administracións se o Goberno Galego continúa adiante co Anteproxecto de Lei
Representantes de CIG, CCOO, UGT e CSI-F nas diferentes administracións públicas galegas compareceron este martes en rolda de prensa conxunta para anunciar a convocatoria de mobilizacións en contra do Anteproxecto de Lei de Medidas no Emprego Público que prepara a Xunta. As organizacións sindicais realizarán concentracións todos os xoves de febreiro para amosar o seu rexeitamento a estes novos recortes nas condicións laborais e salariais e non descartan convocar folga en todas as administracións se o Goberno galego non retira este decreto.
7/2/2012
A mobilización, convocada pola CIG, desenvolveuse en Santiago de Compostela por espazo dunha hora
Arredor de 150 traballadores e traballadoras dos Centros de Atención Continuada (PAC) participaron hoxe na concentración convocada pola CIG en Santiago de Compostela para denunciar os incumprimentos dos acordos de Atención Primaria por parte do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
3/2/2012
Anuncia mobilizacións para exixir a súa reconsideración e retirada
A Área Pública da CIG manifesta o seu rotundo
rexeitamento ás medidas anunciadas pola conselleira de Facenda, no día de hoxe.
Medidas que implican recortes nas condicións laborais e salariais e supresión
de dereitos do persoal das administracións públicas. A Xunta de Galiza pretende
eliminar desde o cobro do 100% de salario en todas as baixas por debaixo dos 21
días, até reducir de forma obrigatoria un terzo da xornada e, en consecuencia
de salario, aos traballadores/as interinos e contratados. A CIG exixe a
reconsideración e retirada destas propostas ou, do contrario, convocará a todas
as empregadas e empregados públicos a mobilizarse en defensa dos seus dereitos.
3/2/2012
CIG-Saúde continúa coas mobilización en demanda da readmisión dos traballadores da asociación de drogodependencias
Con motivo da celebración o próximo mércores 8 de febreiro do segundo xuízo, a CIG-Saúde organizou un novo calendario de mobilizacións en demanda da readmisión dos traballadores/as despedidos en Asfedro. Así, este venres realizouse unha concentración ás portas da entidade, que se repetirá o vindeiro luns. Do mesmo xeito, dende a Federación destacan que o Xulgado do Social xa declarou a improcedencia dun dos despedimentos executados pola directiva, que definitivamente non se xustifican por motivos económicos.
31/1/2012
As mobilizacións foron convocadas pola CIG para reclamar cambios na xornada, calendarios anuais e contratación de persoal das listas
Centos de traballadores e traballadoras dos Centros de Atención Continuada (PAC) participaron hoxe nas mobilizacións convocadas pola CIG para denunciar os incumprimentos dos acordos de Atención Primaria por parte do Sergas. No caso de Vigo, cerca de 50 persoas concentráronse no centro da rúa Bolivia por espazo de media hora e a continuación iniciaron un peche no interior das instalacións que teñen previsto manter até mañá.