1/6/2011
A patronal ten paralizadas as negociacións dende hai quince meses, mentres que os salarios dos/as traballadores/as continúan conxelados
Traballadores e traballadoras do telemárketing da Coruña concentráronse está mañá diante das principais empresas do sector para demandar a negociación dun convenio colectivo digno e con dereitos, que en Galiza dá emprego a unhas 8.000 persoas. As mobilizacións, convocadas pola Federación de Banca da CIG, terán continuidade o vindeiro 8 de xuño na cidade de Vigo.
15/2/2011
A CIG entende que esta é unha nova estratexia da empresa para avanzar no proceso de desmantelamento da plataforma da Coruña
Traballadores e traballadoras de Sykes Enterprises na plataforma da Coruña desenvolveron este martes un para de media hora en contra da política de sancións que vén de pór en práctica a multinacional do telemarqueting. Coincidindo cos paros, o persoal realizou unha concentración diante das novas instalacións da empresa no polígono da Grela.
9/2/2011
A multinacional impuxo, en dous días, suspensión de emprego e soldo a catro traballadoras e traballadores do departamento de Lead Generation de Vodafone
A CIG quere denunciar publicamente a política sancionadora que está a practicar a dirección de Sykes Enterprises no departamento de Lead Generation, de Vodafone, do centro de traballo da Coruña, e que xa ten ocasionado que catro traballadores/as fosen sancionados e ameazados co despedimento.
24/8/2010
A CIG entende que existe fraude na contratación e reclama a implicación activa da Xunta para evitar novas destrucións de emprego
As portas dos xulgados de A Coruña acolleron na mañá deste martes unha nova protesta do persoal de Sykes Enterprises, que se desenvolveu coincidindo co xuízo polo despedimento o pasado mes de marzo de máis de 70 traballadores/as da campaña de 1004 de Telefónica e que tiñan contrato por obra. Dende a CIG solicitouse a nulidade de cada un destes despedimentos ao entender que os contratos estaban en fraude de lei e quíxose denunciar, unha vez máis, a falta de implicación da Xunta neste conflito e o desinterese amosado fronte á destrución masiva de empregos que se vén rexistrando nesta empresa.
23/7/2010
O Comité de Empresa esixe á Consellaría que resolva favorabelmente aos traballadores/as o recurso de alzada e aposte pola defensa clara dos empregos
A Consellaría de Traballo e Benestar vén de rexeitar a admisión a trámite do segundo ERE presentado por Sykes Enterprises para 127 traballadores/as da plataforma de A Coruña. A Xunta, tal e como se demandou dende o Comité de Empresa, entende que non é posíbel entrar no fondo do asunto xa que existen numerosos recursos de alzada contra a resolución do primeiro ERE, que aínda non foron contestados pola Administración galega.
8/7/2010
A regulación afectará ao persoal adscrito ás campañas da compañía Vodafone
Tan só unhas horas despois de que o Comité de empresa se concentrase diante da Xunta de Galiza para urxir a resolución do recurso de alzada contra a aprobación do ERE de Sykes e advertir das intencións da empresa de efectuar novos despedimentos, a multinacional norteamericana comunicou a presentación dun novo ERE, que afectaría a 127 traballadores/as adscritos á campañas de Vodafone. A actitude da compañía é inxustificábel xa que dende marzo despediu á
metade do cadro de persoal que traballaba na plataforma coruñesa (240), mentres está desviando carga de traballo para o centro de Ponferrada e
actúa de cara a forzar que Vodafone rescinda os contratos que aínda
mantén con Sykes A Coruña.
6/7/2010
A representación dos traballadores/as alerta que a empresa prepara novos despedimentos
O Comité de Sykes desenvolveu esta mañá unha concentración diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza en A Coruña para demandar a resolución urxente e favorábel do recurso de alzada presentado contra a aprobación do ERE, así como para reclamar do goberno galego que tome medidas diante dos continuados despedimentos e das presións que están a recibir os traballadores e traballadoras da plataforma coruñesa. Dende o Comité alertouse tamén das intencións da multinacional, que xa está preparando unha nova vaga de despedimentos.