4/2/2010
A central esixe a intervención inmediata da Xunta diante deste novo abuso
Os traballadores e as traballadoras de Sykes Enterprises, SAU, situada no Polígono de Agrela, están chamados a secundar os paros e as concentracións que a CIG ten convocadas para os días 9, 15 e 23 de febreiro, logo de que a empresa de telemárketing anunciase despedimentos masivos. Cos paros, que terán unha duración de media hora por cada unha das quenda, agárdase que a empresa retire os despedimentos previstos e retome as negociacións para acadar un plano que garanta a continuidade do emprego e o futuro deste importante centro de traballo.