7/2/2012
A mobilización, convocada pola CIG, desenvolveuse en Santiago de Compostela por espazo dunha hora
Arredor de 150 traballadores e traballadoras dos Centros de Atención Continuada (PAC) participaron hoxe na concentración convocada pola CIG en Santiago de Compostela para denunciar os incumprimentos dos acordos de Atención Primaria por parte do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
31/1/2012
As mobilizacións foron convocadas pola CIG para reclamar cambios na xornada, calendarios anuais e contratación de persoal das listas
Centos de traballadores e traballadoras dos Centros de Atención Continuada (PAC) participaron hoxe nas mobilizacións convocadas pola CIG para denunciar os incumprimentos dos acordos de Atención Primaria por parte do Sergas. No caso de Vigo, cerca de 50 persoas concentráronse no centro da rúa Bolivia por espazo de media hora e a continuación iniciaron un peche no interior das instalacións que teñen previsto manter até mañá.
23/1/2012
Ante a imposibilidade de desenvolver o paro indefinido, o persoal manterá o calendario de concentracións previsto para os mércores
A asemblea de traballadoras da limpeza do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee acordou suspender a convocatoria de folga indefinida, mais manterá o calendario de concentracións previstas. Esta decisión chegou logo de coñecérense os servizos mínimos impostos pola administración (publicados no DOG do venres) e que practicamente supoñen manter o 100% da actividade, imposibilitando deste xeito o desenvolvemento da folga.
1/12/2011
O comité de empresa do centro médico ten convocada unha folga indefinida para rexeitar o despedimento de 27 traballadoras/es da limpeza
Varios
centos de persoas percorreron en manifestación as principais rúas do centro de Vigo
baixo unha intensa choiva para reclamar o mantemento da calidade
asistencial en Povisa e rexeitar o despedimento de 27
traballadores/as do servizo de limpeza. O comité de empresa ten
convocada unha folga indefinida a partir do 9 de decembro para esixir
a readmisión dos compañeiros/as e denunciar que os últimos recortes aplicados pola da dirección do centro médico están a repercutir negativamente na atención que se lle presta aos usuarios/as.
30/11/2011
A representación do cadro de persoal denuncia a actitude dos responsábeis do Sergas despois de que se negasen a recibilos
O comité de empresa de Povisa anunciou hoxe a convocatoria unha gran manifestación en Vigo para rexeitar o despedimento de 27 traballadoras/es do servizo de limpeza. A marcha será este xoves 1 de decembro a partir das 20.00 horas dende Vía Norte. Os representantes do cadro de persoal denunciaron tamén a actitude dos responsábeis do Sergas despois de que se negasen a recibilos en Santiago de Compostela.
18/11/2011
Publicado no DOG a renovación do concerto coa Clínica Fisioterapia Lugo SL por importe de 1,5 millóns de euros
A CIG-Saúde rexeita a decisión da Consellaría de Sanidade de renovar a privatización de parte dos servizos de fisioterapia, logopedia e fisioterapia respiratoria da provincia de Lugo, por importe de 1,5 millóns de euros. A renovación deste concerto coa clínica Fisioterapia Lugo SL supón detraer cartos públicos para mellor a prestación deste servizo dende o novo hospital de Lugo.
18/11/2011
A Unión Comarcal da CIG da Coruña denuncia o caso dunha muller, desempregada de longa duración, á que a Consellaría deixou sen médico de cabeceira e sen acceso á súa medicación
A CIG visibilizou publicamente esta mañá en rolda de prensa as consecuencias que as políticas de recorte e privatización da sanidade pública iniciadas polo Goberno da Xunta do PP están a ter. A Unión Comarcal da CIG da Coruña fíxose eco do caso dunha muller, desempregada de longa de duración, á que lle denegaron, sen previa comunicación, o acceso á consulta e á asistencia farmacéutica gratuíta logo de que o SERGAS lle desactivase a súa tarxeta sanitaria por ser unha persoa sen recursos económicos.