Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
concesións
21/10/2011 Está previsto que se desenvolva, inicialmente, o vindeiro día 2 de novembro e a partir de aí todos os mércores
Os traballadores da concesionaria do servizo de limpeza dos hospitais dependentes do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), xunto con representantes da CIG, UGT e CUT, anunciaron esta mañá, en rolda de prensa, a convocatoria de folga para o día 2 de novembro e a partir de aí todos os mércores. Exixen que se lles abonen os cartos adebedados, que non se lles modifique o convenio a través do prego de condicións da nova concesión e que se manteñan os cartos destinados a esta para evitar que haxa despedimentos. Recortes que advirten, repercutirán negativamente na calidade do servizo.
15/10/2010 A central presentou unha denuncia na Inspección de Traballo contra as empresas concesionarias por negarse a negociar protocolos de prevención
A FGAMT-CIG vén de presentar denuncia diante da Inspección de Traballo contra as empresas concesionarias do servizo público Noitebús na provincia de A Coruña por incumprimentos na lexislación de Saúde Laboral. O sector de Transportes da CIG lembra que este servizo nocturno ten unhas características peculiares que xeran situacións de perigo para os condutores e condutoras, polo que requiren dunha avaliación de riscos que as empresas se negan a realizar, alegando que se trata dun problema de orde pública do que non son responsábeis.
26/2/2010 Exixen o cobro dos seus salarios e que se rescinda a concesión á empresa
As traballadoras de Limpezas Ames, en folga desde o pasado día 9 de febreiro, concentráronse diante do concello de Ames e asistiron ao pleno para manifestar o seu malestar polo mantemento da concesión do servizo de limpeza a esta empresa e para exixir o cobro dos salarios que se lles adebedan.
26/2/2010 Mentres, patronal e sindicatos manteñen unha xuntanza para tentar desbloquear o conflito
O Goberno local de Ferrol comprometeuse diante do Pleno a iniciar os trámites para rescatar a concesión das instalacións deportivas, nestes momentos en mans de dúas empresas. Así o asegurou o concelleiro de Deportes, Manuel Santiago, en resposta as preguntas presentadas polos edís de EU e do BNG. Durante a sesión plenaria tamén participou Rocío Doce, da CIG-Servizos, quen pediu explicacións ante a lentitude do Concello á hora de mediar, máis despois dos compromisos adquiridos nos anteriores plenos de decembro e xaneiro e na Xunta de Portavoces, nos que se acordou pechar as instalacións en solidariedade co persoal até o remate do conflito; incumprido tras a apertura da piscina de Caranza. Mentres, sindicatos e patronal desenvolven este venres unha xuntanza, coa mediación da Consellaría de Traballo, para tentar desbloquear o conflito e retomar a vía da negociación.
4/2/2010 A empresa adebeda ás traballadoras dúas mensualidades e non teñen nin lixivia para realizar o seu traballo
A partir do próximo luns día 8 de febreiro comezará unha folga indefinida en Limpezas Ames, empresa concesionaria do servizo de limpeza de entre outros, o Colexio de Ventín, a Casa de Cultura do Milladoiro e de diversas oficinas do concello. Reclaman que a empresa lles pague as mensualidades que adebeda (os dous últimos meses) e mesmo que se lles proporcione material como lixivia, deterxentes... para poder realizar o traballo en condicións.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com