12/5/2011
A central obtén sete dos nove representantes do persoal funcionario
A CIG gañou as eleccións no Concello de Narón, celebradas o mércores 11 de maio, ao obter sete dos/as nove representantes sindicais do persoal funcionario. A Federación de Administración Pública da CIG revalida así a súa maioría neste concello cun incremento de delegados/as e conseguindo un apio do 72% do persoal funcionario.
30/3/2011
Ante as numerosas preguntas do persoal laboral e funcionario
O sector de Autonómica da CIG-Administración na Comarca da Coruña, ante as numerosas comunicacións e preguntas do persoal funcionario e laboral a respecto do atraso no pagamento das nóminas correspondentes ao mes de marzo, quere demandar da Xunta de Galiza axilidade no abonamento dos salarios e agarda que este sexa un feito circunstancial e puntual deste mes.
13/10/2010
A central desenvolveu unha concentración contra a proposta de modificación da Lei de Función Pública Galega, que ademais recupera o sistema de libre designación para as xefaturas de servizo
A CIG plantou esta mañá a xuntanza da Mesa Xeral na que se ía abordar a modificación da Lei de Función Pública Galega, ao entender que nin se respectaron os tempos nin existe vontade de negociación por parte da Xunta, xa que ten previsto aprobar os cambios na normativa a través da Lei de acompañamento dos Orzamentos de 2011. A proposta, achegada ás organizacións sindicais este mesmo luns, inclúe, entre outras, dúas mudanzas especialmente lesivas para a ordenación da Función Pública e cun forte carácter regresivo: a mobilidade forzosa do persoal funcionario da administración e o retorno ao sistema de libre designación para as xefaturas de servizo.
26/2/2010
A Federación lembra que nos últimos anos o persoal acumula unha perda do seu poder adquisitivo que supera o 42%
A CIG-Administración amosou o seu absoluto rexeitamento a unha posíbel conxelación do salario dos empregados públicos, barallada nos últimos días polo Goberno estatal como medida de “aforro”. Dende a Federación lémbrase que os/as traballadores/as da administración veñen sufrindo unha continuada contención salarial, agravada coa sinatura do acordo entre o Goberno de Zapatero e as organizacións sindicais estatais que limita a suba das retribucións ao 0.3%, engrosando así a importante perda de poder adquisitivo acumulada nos últimos anos, que supera xa o 42%.
5/2/2010
A CIG-Administración reclama un incremento salarial igual á media da suba dos convenios colectivos e non o ínfimo 0.3% pactado polo Goberno e os sindicatos estatais
Os traballadores/as e traballadoras das Administración Públicas ficaron sorprendidos ao recibir a nómina do mes de xaneiro, xa que todo o persoal cobrou entre 10 e 30 euros menos que nunha mensualidade habitual. A escasa suba salarial pactada e decretada polo Goberno do Estado, coa conivencia dos sindicatos estatais, e a eliminación da rebaixa dos 400 euros na retención do IRPF, teñen provocado unha importante perda do poder adquisitivo dos traballadores e traballadoras das administracións públicas.