9/2/2011
A multinacional impuxo, en dous días, suspensión de emprego e soldo a catro traballadoras e traballadores do departamento de Lead Generation de Vodafone
A CIG quere denunciar publicamente a política sancionadora que está a practicar a dirección de Sykes Enterprises no departamento de Lead Generation, de Vodafone, do centro de traballo da Coruña, e que xa ten ocasionado que catro traballadores/as fosen sancionados e ameazados co despedimento.
6/7/2010
A representación dos traballadores/as alerta que a empresa prepara novos despedimentos
O Comité de Sykes desenvolveu esta mañá unha concentración diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza en A Coruña para demandar a resolución urxente e favorábel do recurso de alzada presentado contra a aprobación do ERE, así como para reclamar do goberno galego que tome medidas diante dos continuados despedimentos e das presións que están a recibir os traballadores e traballadoras da plataforma coruñesa. Dende o Comité alertouse tamén das intencións da multinacional, que xa está preparando unha nova vaga de despedimentos.
5/7/2010
Desenvolverán unha concentración mañá, martes 6 de xullo, diante do edificio da Xunta en A Coruña, a partir das 11:00 horas
O Comité de Sykes e representantes sindicais mantiveron esta mañá unha xuntanza coa Dirección Xeral de Relacións Laborais en Compostela para urxir a resolución dos recursos presentados contra a aprobación do expediente de regulación e instar a administración galega a implicarse neste conflito, que semella rematará co peche da plataforma de Sykes en A Coruña.
14/6/2010
O persoal está secundando dous paros de unha hora convocados nas quedas de mañá e tarde
Traballadoras e traballadores de Sykes Enterprises están secundando este luns os paros e concentracións convocados no centro de A Coruña para rexeitar os 62 despedimentos que a empresa comezou a facer efectivos esta mesma mañá. O persoal desenvolveu unha concentración e unha sentada reivindicativa nunha das rúas do Polígono de Agrela, provocando importantes retencións na circulación do tráfico. As mobilizacións volveranse repetir durante o paro da quenda de tarde, convocado entre as 17 e as 18 horas.
9/6/2010
O persoal reclama a implicación da Xunta para evitar o desmantelamento da plataforma do telemarketing
O Comité de Sykes desenvolveu esta mañá unha nova protesta diante dos edificios administrativos da Xunta en Monelos para rexeitar os 62 despedimentos que a empresa comunicou a pasada semana, así como denunciar a pasividade do goberno galego diante do paulatino desmantelamento da plataforma do telemarketing en A Coruña.
4/6/2010
A empresa comunicou esta mesma mañá 62 novos despedimentos de traballadores/as das campañas Vodafone
O Comité de Sykes en pleno e cada unha das Seccións Sindicais acudiron esta mañá aos edificios administrativos da Xunta en Monelos para entregar os Recursos de Alzada interpostos contra a decisión de aprobar parcialmente o expediente de regulación de emprego. Dende a representación dos traballadores/as solicítase a anulación dos 68 despedimentos autorizados e denunciouse a política de sancións que Sykes está a levar a cabo para “acalar as nosas reivindicacións”. Así mesmo, esta mañá, a multinacional do telemárketing entregou as cartas de despedimento a 62 traballadores/as con contrato por obra nas campañas de Vodafone.
30/3/2010
A CIG reclama a retirada do expediente de regulación e dos despedimentos de obra
Traballadoras e traballadores de Sykes en A Coruña secundaron este martes unha nova xornada de paros e concentracións na empresa para demandar a retirada de todos os despedimentos e o estudo dun plano de viabilidade que garanta o mantemento da actividade da multinacional en Galiza. Os paros desenvolvéronse nas quendas de mañá e tarde, entre as 10 e ás 12 horas e dende as 17 ás 19 horas.