Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
reforma laboral
10/2/2012 Denuncia que o PP “prégase ás demandas da banca e da grande patronal”
A Confederación Intersindical Galega considera que todas as medidas recollidas na reforma laboral van dirixidas a flexibilizar e abaratar o despedimento e as condicións laborais e proporcionar man de obra barata á patronal. A reforma pretende ademais debilitar a negociación colectiva, dividir aos traballadores e individualizar as relacións laborais. O secretario xeral, Suso Seixo, afirma que “vai provocar unha caída xeneralizada dos salarios, o empobrecemento da clase traballadora, máis desigualdades sociais e a exclusión social dos máis desfavorecidos”. Ante isto, a CIG considera que con todas as medidas que se veñen aplicando e agora con esta reforma laboral, a única resposta posíbel é a folga xeral.
3/1/2012 A temporalidade é “escandalosa”, só un 6% dos novos contratos foron indefinidos
O paro segue medrando en Galiza por riba da media estatal. Mentres que no conxunto do Estado o número de desempregados/as se incrementou en 1.897 persoas en decembro, en Galiza inscribíronse 4.818 novos/as parados/as, só por detrás de Castela-León, sumando un total de 258.234. A contratación experimentou unha espectacular caída e dos novos contratos asinados só un 6% foron indefinidos. A CIG denuncia que esta situación constata a paralización do mercado de traballo e “a incapacidade do goberno do PP, á fronte da xunta de Galiza, para pór en marcha políticas de apoio aos sectores produtivos para favorecer a creación de emprego”, afirma o secretario confederal de Emprego, Antonio López Rivera.
12/12/2011 A central sindical denuncia que as reformas introducidas impulsan a temporalidade e precarizan aínda máis o emprego da xente nova
A Secretaría da Mocidade da CIG pon en marcha unha campaña dirixida a mozos e mozas identificando as últimas medidas laborais postas en marcha polo goberno do Estado. Organizaranse repartos específicos da campaña en puntos concretos: oficinas do INEM, centros de ensino superior, formación profesional, Universidades, alén de centros de traballo, co obxectivo de achegar información ao respecto das distintas modalidades de contratación existentes na actualidade, bolsas e prácticas dirixidas á mocidade.
11/10/2011 A Federación de Químicas denuncia que pretenden impor salarios miserentos e recortar dereitos
O pasado día 29 de setembro de 2011, a Patronal do Sector Químico e o sindicato CCOO chegaron a un acordo que a Federación de Químicas e Enerxía da CIG cualifica como “gravemente prexudicial” para os intereses dos traballadores e traballadoras do sector. Denuncian que favorece unha maior flexibilidade na xornada laboral a favor da patronal, non garante o poder adquisitivo dos salarios, pretende a adaptación do convenio ao disposto na nova reforma laboral e que, no seu conxunto,, favorece un maior recorte de dereitos.
4/10/2011 O número de desempregados e desempregadas en Galiza incrementouse en 8.336 persoas, acadando xa os 232.918 traballadores/as en paro
Os datos do paro rexistrado feitos públicos este martes polo Ministerio de Traballo revelan que a situación de crise económica na Galiza aínda non pasou o seu peor momento. Setembro de 2011 acadou as cifras de desemprego máis altas rexistrada neste mes dende que se iniciou a situación de crise, chegando xa ás 232.918 persoas paradas, e incrementándose en 8.336 o número de traballadores/as sen emprego con respecto ao mes de agosto.
9/5/2011 Xa despediu a tres traballadoras, ameazou con despedir a outras 19 e solicitou a aplicación da cláusula de descolgue salarial para non ter que cumprir o convenio
As traballadoras da Lavandería INDUSAL Rías Altas, empresa ubicada no polígono de Sergude, en Boqueixón, irán á folga os días 13, 14, 16 e 17 deste mes para exixir o cumprimento do convenio e denunciar, alén de diferentes incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais, as presións ás que están a ser sometidas por parte da empresa, que xa despediu a tres compañeiras e ameazou con outro 19 despedimentos.
29/4/2011 O 51% dos desempregados/as, 115.000, son menores de 35 anos
A Confederación Intersindical Galega centra a conmemoración deste Primeiro de Maio na defensa do emprego, no rexeitamento ás reformas laborais e na defensa dos dereitos laborais e sociais, con manifestacións en todo o país baixo o lema “Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos”. A CIG fai especial fincapé na defensa do emprego porque, segundo os datos da EPA feitos públicos este venres, o paro en Galiza xa chega ao 17,3%, cun total de 226.500 persoas desempregadas, das que o 51% (115.000), son menores de 35 anos. Unha situación que o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, cualificou de “alarmante”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com