Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
reforma
2/9/2011 A central defende un incremento dos ingresos públicos mediante a aplicación dunha fiscalidade progresiva fronte ás políticas de recortes esixidas pola oligarquía financeira
A Confederación Intersindical Galega desenvolveu unha concentración esta mañá ás portas da Delegación do Goberno na Galiza para rexeitar a reforma do artigo 135 da Constitución, artellada polo PSOE e o PP sen debate social e pola vía de urxencia, que vén introducir o dogma neoliberal do “déficit cero” no texto da mesma. A protesta, que se desenvolveu coincidindo coa votación da reforma no Congreso dos Deputados, terá continuidade o vindeiro martes 6 de setembro con asembleas de delegados/as e concentracións en todas as cidades do País.
30/8/2011 A Executiva Confederal acordou realizar unha concentración nacional o venres día 2 e celebrar asembleas de delegados/as e concentracións en todas as comarcas o martes 6 de setembro
A Executiva Confederal da CIG vén de acordar convocar mobilizacións contra a reforma do artigo 135 da CE. Unha reforma neoliberal pactada polo PSOE e o PP que limita a capacidade do Estado na súa intervención nas políticas económicas e sociais e que atenta contra a autonomía financeira de Galiza. A CIG considera ademais que o procedemento seguido para tramitar esta reforma constitucional é absolutamente antidemocrático e reclama a convocatoria dun referendo.
23/8/2011 Considera que é outra medida improvisada do Executivo que afonda no neoliberalismo, seguindo os ditados das potencias económicas europeas e do BCE
A Confederación Intersindical Galega manifesta a súa rotunda oposición á pretensión do goberno de introducir, por vía constitucional, un tope ao gasto público. O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, denuncia que se trata dunha “improvisación máis do Executivo de Zapatero que, en tres anos de crise, non foi quen de pór en marcha políticas propias e que se limitou a satisfacer as exixencias do capital financiero, das potencias europeas, Alemaña e Francia e do BCE, afondando no modelo económico neoliberal, responsábel da actual situación económica”.
10/6/2011 A central sindical considera que o obxectivo que se busca coa reforma é facilitar a flexibilización do salario e das condicións laborais
O Consello de Ministros vén de aprobar un Decreto Lei sobre a reforma da negociación colectiva modificando varios artigos do Estatuto dos Traballadores co obxectivo de facilitar a flexibilización do salario e das condicións de traballo, fortalecer o poder empresarial e favorecer a aplicación da reforma laboral en detrimento da clase traballadora. Unha primeira análise de urxencia require partir do que nós propomos, considerar o que agora mesmo existe e avaliar os cambios normativos que se propoñen.
8/2/2010 Atópase nun vello edificio cunha estrutura inadecuada e con sistemas de seguridade de “dubidosa efectividade”
A CIG-Saúde de Lugo vén de solicitar á administración sanitaria que acometa unha reforma urxente do centro de saúde da Milagrosa, xa que as deficientes condicións nas que se atopa o edificio dificultan o traballo dos profesionais e diminúen a calidade asistencial. A reclamación chega logo da última incidencia no centro, ao avariarse o ascensor durante días impedindo aos usuarios/as con dificultades de mobilidade achegarse até a consulta dos/as facultativos.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com