Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Natividade López Gromaz
10/2/2012 Durante 2010, o 27% das persoas asalariadas en Galiza percibiron como máximo o SMI e un 15% apenas a metade deste
A crise, que Galiza padece con especial virulencia, está a provocar que as diferenzas de renda existentes entre a clase asalariada se agudicen, chegando a ser “escandalosas”. Así se recolle no traballo realizado por Natividade López Gromaz, responsábel do Gabinete Técnico de Economía, a partir dos últimos datos feitos públicos pola Axencia Tributaria, correspondentes ao ano 2010. Destes datos tírase ademais que a mocidade é a máis prexudicada, porque alén de baixos salarios, soporta unhas taxas de paro intolerábeis e contratos de escasa duración. Reproducimos, de seguido, esta análise.
10/10/2011 A fraude fiscal superou os 60 mil millóns de euros en 2010
A reforma do artigo 135 da Constitución para fixar a “estabilidade orzamentaria” por mandato constitucional puxo en primeiro plano do debate cuestións marcroeconómicas como o déficit ou a débeda pública. Para entender a complexidade do tema, Natividade López Gromaz, economista do Gabinete Técnico de Economía da CIG elaborou un minucioso traballo no que se explica como funcionan un e outra e onde se recollen unha serie de propostas para enfrontar o déficit público sen recortar prestacións e servizos públicos.
10/11/2010 A CIG demanda medidas para reducir as “alarmantes” desigualdades sociais existentes no noso país e frear o empobrecemento da clase traballadora
O 25% das persoas asalariadas en Galiza cobran igual ou menos que o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) e, en conxunto, apenas perciben o 5,6 % da masa salarial total. Pola contra, hai un 0,6% de persoas asalariadas que perciben máis de 10 veces o SMI e que acaparan o 4% do total da masa salarial. Os datos que se desprenden do traballo “As desigualdades sociais en Galiza”, presentado pola CIG, son “demoledores” e deles tírase que hai un grupo moi reducido de persoas, que posibelmente non chegue ao 1% da poboación galega, que acapara en torno ao 25-30% do PIB.
28/7/2010 O 31,9% da mocidade galega está no paro; o 63% dos menores de 24 anos e o 42,6% de entre 25 e 29 anos teñen contratos temporais e os salarios non superan os 11.000€
A CIG vén de presentar a campaña que baixo o lema “Non á explotación xuvenil! Emprego digno para a mocidade!, acordou pór en marcha para chamar á mobilización dos mozos e mozas da central sindical, para que participen nos actos previos á folga xeral e se sumen a convocatoria do 29 de setembro. Margarida Corral, secretaria confederal de Muller e Mocidade advertiu da especial incidencia que terá a reforma laboral para este colectivo que atravesa unha dura situación laboral e socioeconómica, tal e como constata o informe “Mocidade e Emprego”, elaborado polo Gabinete Técnico de Economía.
8/2/2010 A comparación interanual é demoledora e o mellor mes, decembro de 2009, aumentou o desemprego un 17,3% respecto do mes de decembro de 2008
O Gabinete de Economía da CIG vén de realizar un estudo pormenorizado da evolución do paro rexistrado no ano 2009. Dos datos tírase que os efectos da crise económica no mercado de traballo galego acusáronse con especial virulencia durante o ano 2009. Neste período, segundo afirma Natividade López Gromaz, economista da CIG e responsábel deste informe, eses datos “acadaron valores negativos históricos; practicamente mantívose o desemprego por encima dos 200.000 parados en todos os meses do ano”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com