16/3/2011
A CIG-Ensino considera que esta decisión pon en evidencia que o interese da administración non é potenciar os idiomas estranxeiros senón reducir horas ao galego
A CIG-Ensino denuncia que a Orde do 8 de marzo de 2011, publicada o día 11, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, empeora a convocatoria do ano pasado, en canto aos criterios de acceso e en canto ás achegas económicas que deberán realizar as familias, precisamente nun contexto de crise económica.
9/2/2010
Constátase así que os idiomas estranxeiros eran unha escusa para reducir a presenza do galego nos centros
A CIG-Ensino vai levar á Mesa Sectorial docente non Universitaria, que se realizará este mércores día 10, unha pregunta sobre a supresión das axudas para os intercambios escolares co estranxeiro. Segundo denuncia o profesorado dos centros afectados, a Consellaría de Educación non publicou, a día de hoxe, as axudas para intercambios escolares co estranxeiro que se veñen realizando desde hai moitos anos e a algúns deles xa os informou de que estas axudas foron suprimidas. A supresión afectaría a máis de 100 centros que anualmente veñen solicitando estas achegas.