Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
reforma das pensións
29/4/2011 O 51% dos desempregados/as, 115.000, son menores de 35 anos
A Confederación Intersindical Galega centra a conmemoración deste Primeiro de Maio na defensa do emprego, no rexeitamento ás reformas laborais e na defensa dos dereitos laborais e sociais, con manifestacións en todo o país baixo o lema “Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos”. A CIG fai especial fincapé na defensa do emprego porque, segundo os datos da EPA feitos públicos este venres, o paro en Galiza xa chega ao 17,3%, cun total de 226.500 persoas desempregadas, das que o 51% (115.000), son menores de 35 anos. Unha situación que o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, cualificou de “alarmante”.
29/3/2011 A central denuncia que a negociación se estea realizando á marxe da Mesa Xeral de Administracións Públicas
Ante as informacións aparecidas nos medios de comunicacións relativos á retirada e/ou posposición do proceso da proposta de reforma do Réxime de Clases Pasivas presentada polo goberno, a CIG quere manifestar a súa desconfianza por estas manobras. A central considera que non estamos diante dunha retirada definitiva do documento, senón que asistimos a unha manobra de distracción e que nun futuro inmediato se retomará a modificación das clases pasivas, tal e como ficou recollido no Acordo Social e Económico, asinado entre o goberno, a patronal e as organizacións sindicais CCOO e UGT.
28/3/2011 As Federacións de Administración e Ensino alertan das consecuencias que terá na convocatoria de emprego público e censuran a exclusión da central do proceso de negociación
As Federacións de Administración Pública e de Ensino da CIG compareceron este luns en rolda de prensa para rexeitar a proposta de modificación do réxime de clases pasivas presentado polo goberno, co obxecto de “harmonizar” as condicións dos funcionarios e funcionarias de carreira ao recollido na reforma das pensións. Dende a central censúrase o proceso de negociación que a administración mantén con CCOO, UGT e CSIF e do que se excluíu á CIG, a pesar de ter presenza na Mesa Xeral de Administracións Públicas e no Consello de Muface.
22/3/2011 A central fretará autobuses para participar na manifestación convocada de xeito conxunto coa maioría sindical vasca e na que tamén estarán organizacións cataláns e canarias
A Confederación Intersindical Galega e a maioría sindical vasca (ELA, LAB, STEE-EILAS, EHNE e HIRU) van desenvolver unha manifestación o vindeiro 5 de abril en Madrid en contra das reformas do goberno (concretamente a reforma das pensións e da negociación colectiva) e na defensa do dereito a decidir nos propios territorios as condicións laborais e sociais. Na marcha agárdase que participen arredor de 3.500 delegados e delegadas de todas as organizacións sindicais, dos/as que uns 1.200 serán representantes sindicais da CIG.
10/3/2011 A central chama a continuar na loita pola defensa do emprego, uns salarios e pensións dignas e dar a batalla por un cambio de modelo económico e social
Con motivo da conmemoración do 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, data na que se lembra o asasinato a mans da policía de Amador Rei e Daniel Niebla, operarios da antiga Bazán, no ano 1972, miles de persoas participaron nas manifestacións convocadas pola CIG nas cidades de Ferrol e Vigo. Nesta ocasión as protestas estiveron centradas na denuncia do pacto económico e social asinado en Madrid polo goberno, a patronal, CCOO e UGT, e nomeadamente contra da reforma das pensións e a negociación colectiva.
7/3/2011 As mobilizacións sairán ás 20:00 horas dende a Avenida do Esteiro e dende a viguesa Vía Norte
A CIG presentou este luns os actos que vai desenvolver con motivo da conmemoración o vindeiro xoves do “10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega”, data na que se lembra o asasinato a mans da policía de Amador Rei e Daniel Niebla, operarios da antiga Bazán, no ano 1972. As manifestacións desenvolveranse en Ferrol e Vigo, nesta ocasión nucleadas en contra do pacto económico e social asinado en Madrid polo goberno, a patronal e CCOO e UGT, e nomeadamente contra da reforma das pensións e a negociación colectiva. A Confederación outorgou carácter nacional á marcha de Ferrol, que sairá ás 20:00 horas dende a Avenida do Esteiro (diante dos locais do sindicato), mentres que a mobilización de Vigo partirá da Vía Norte á mesma hora.
4/3/2011 A Secretaría da Muller da CIG advirte que as altas taxas de temporalidade e os baixos salarios dificultarán o dereito a cobrar o 100% das prestacións, mesmo traballando até os 67 anos
Se nestes momentos se aplicara a totalidade da reforma das pensións recollida no pacto social, só o 23% das mulleres traballadoras que se xubilan en Galiza aos 65 anos terían dereito a percibir o 100% da prestación, fronte ao 71% dos homes que a esa idade conseguiron cotizar 38.5 anos. Así o revela o informe sobre a situación sociolaboral da muller na Galiza que a CIG vén de presentar con motivo da celebración do 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora. Este ano, a Secretaría da Muller ten posto en marcha unha campaña para denunciar as consecuencias dos recortes de dereitos e prestacións que dende os gobernos se están a aplicar, e que afectan especialmente ao colectivo de mulleres traballadoras.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com