marco
Artigos de opinión
O guerreiro Obama e o peixe fora d’água
18/03/2010Frei Betto
Obama é uma decepção! Recebeu imerecidamente o Nobel da Paz -um presidente que guerreia o Iraque, o Afeganistão e o Paquistão- e, em discurso...
A Alemanha e a Europa do futuro
18/03/2010Alexandrino Fernandes
O modelo de desenvolvimento que tem feito da Alemanha nestes últimos anos o maior exportador mundial assenta no progressivo empobrecimento da pop...
Crise do capitalismo e protagonismo da periferia
18/03/2010Márcio Pochmann
O sistema capitalista revela em suas crises periódicas momentos determinados de profunda reestruturação. São oportunidades históricas em que ...
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
A Coruña
18/3/2010 A avaría no sistema de refrixeración deixou patente as numerosas deficiencias en materia de seguridade
10-03-18 Inundación edificio Proa
A CIG-Administración vén de denunciar a falta de coordinación e información aos traballadores e traballadoras das oficinas da administración en Matogrande, quen esta mañá se atoparon co oitavo andar do edificio Proa inundado, os ascensores inutilizados e as escaleiras de acceso anegadas de auga, logo de que un cano do sistema de refrixeración rebentase.
10/3/2010 O empresario continúa sen solicitar concurso de acredores a pesar da situación de quebra da compañía
10-03-10 Nova concentración Francisco Parada
Delegados e delegadas da CIG-Servizos repetiron as concentracións iniciadas hai unhas semanas diante da tenda de Francisco Parada no centro de A Coruña para demandar o pagamento dos atrasos salariais que o empresario adebeda a boa parte do seus traballadores e traballadoras. Dende a CIG-Servizos advirten que as protestas continuarán até que a empresa faga fronte a todas as súas débedas.
9/3/2010 O Secretario nacional de Servizos, Paulo Rubido, tamén foi identificado por “ser susceptíbel” de ter cometido algún delito
10-03-09 Detención Salvador
A CIG amosa a súa máis enérxica repulsa á detención ilegal do Secretario comarcal da CIG-Servizos de A Coruña, Salvador Cerqueiro, quen na tarde deste martes foi conducido á Xefatura Superior de Policía, retido e fichado, sen que en ningún momento se lle explicasen as razóns de tal actuación. Así mesmo, a policía procedeu á identificación de dous delegados desta central que participaban nunha concentración diante da Xefatura, mentres que ao Secretario Nacional da Federación tomáronselle os datos por ser “susceptíbel” de ter cometido algún acto delituoso. A CIG denuncia este violación dos dereitos fundamentais e á persecución a que está sendo sometida a central sindical.
9/3/2010 O persoal secunda unha nova e exitosa xornada de paro no centro de traballo de A Coruña
10-03-09 Manifestación persoal Sykes
Os traballadores e traballadoras de Sykes Enterprises manifestáronse este mediodía polas rúas de A Coruña para amosar o seu rexeitamento aos despedimentos masivos que a empresa pretende realizar, así como denunciar un proceso destinado a deslocalizar os centros de traballo da multinacional en Galiza. O persoal comezou a súa marcha dende a sede da empresa no Polígono de Agrela até a delegación da Xunta, pouco despois das doce da mañá, coincidindo coa convocatoria dun paro de tres horas.
9/3/2010 Concentráronse en apoio ás traballadoras da Cruz Vermella, diante da Confederación de Empresarios e pola readmisión de Nélida Pisco
20100308mullerX
Ao longo do noso país tiveron lugar distintas concentracións e mobilizacións convocadas pola Secretaria da Muller da CIG no 8 de marzo, Dia Internacional da Muller Traballadora, e nas que se portaron faixas co lema "Loitando polos nosos dereitos", e que nas distintas comarcas tiveron obxectivos distintos da convocatoria, segundo a realidade de cada zonae os principais problemas ou conflitos detectados con perspectiva de xénero .
6/3/2010 A compañía, con sede en A Coruña, iniciou un proceso de creación de novas empresas para dividir as súas actividades
10-03-05 Concentracion en Siemsa I
Os traballadores de Siemsa Galicia, empresa dedicada á montaxe e mantemento dos parques eólicos, iniciaron na tarde do venres 5 de marzo mobilizacións para denunciar a destrución masiva de postos de traballo e demandar información sobre o futuro da compañía, que vén de iniciar un proceso de creación de novas empresas para dividir as súas actividades.