marco
Artigos de opinión
O guerreiro Obama e o peixe fora d’água
18/03/2010Frei Betto
Obama é uma decepção! Recebeu imerecidamente o Nobel da Paz -um presidente que guerreia o Iraque, o Afeganistão e o Paquistão- e, em discurso...
A Alemanha e a Europa do futuro
18/03/2010Alexandrino Fernandes
O modelo de desenvolvimento que tem feito da Alemanha nestes últimos anos o maior exportador mundial assenta no progressivo empobrecimento da pop...
Crise do capitalismo e protagonismo da periferia
18/03/2010Márcio Pochmann
O sistema capitalista revela em suas crises periódicas momentos determinados de profunda reestruturação. São oportunidades históricas em que ...
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
BBVA
18/3/2010 A reconversión neste banco leva a externalización e destrucción de emprego
Concentración BBVA Ourense I
Dende 2007 a Sección Sindical de CIG en BBVA vén denunciando a ilegalidade e as consecuencias que os Proxectos Velázquez e Clima traían ao panorama laboral. Ditos proxectos supoñen unha reconversión precursora na banca tal e como a coñecemos, co obxectivo de transformar a rede nun conxunto de puntos de venda, reducindo postos de traballo e externalizando todo o traballo administrativo en distintas etapas a outras empresas, maiormente OP+, tanto no Estado español como noutros países.
15/3/2010 Cuestiona o proceso de reconversión, a deslocalización e a destrución de emprego
10-03-12 BBVA 1
O pasado venres, día 12 de marzo, tivo lugar en Bilbao a Xunta Xeral de Accionistas do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria. Na mesma, Teresa Richard, delegada sindical da CIG, accionista e empregada do banco, fixo unha intervención, como portavoz da sección sindical, para trasladar ao Consello de Administración e ao accionariado da entidade as preocupacións e reivindicacións dos traballadores e traballadoras da empresa.
29/1/2010 As mobilizacións estenderanse a outras cidades galegas
10-01-28 Concentración contra desregulación horaria A Coruña V
Delegados e delegadas da CIG-Banca desenvolveron na mañá do xoves 28 de xaneiro dúas concentracións simultáneas diante das oficinas principais do BBVA nas cidades de Ourense e A Coruña para denunciar a desregulación dos horarios de traballo que a entidade pretende levar adiante. A falta de regulación da xornada é un problema que está afectando á maior parte do sector da banca, que a cambio de pechar as oficinas os sábados pola mañá pretende estabelecer un flexibilidade horaria absoluta. Por esta razón, a protesta celebrada en ambas cidades tamén se trasladou até as portas das oficinas doutras entidades bancarias.
18/1/2010 Os antidisturbios identificaron ás concentradas, ameazando con sancións ao persoal
20100117limpezaVIII
Ás doce da mañá na oficina principal de Caixanova da cidade de Vigo tivo lugar unha mobilización na defensa da xornada das traballadoras e traballadores da limpeza das oficinas das entidades bancarias de Caixanova e BBVA. Delegadas e delegados da CIG-Servizos de todo o país xuntáronse en Vigo para que se escoitaran as súas demandas, chegando a ocupar o interior das dúas oficinas da caixa e de BBVA no cruce de Colón, momento no que foron identificados e ameazados por numerosos antidisturbios que se achegaron até esta mobilización.
15/1/2010 CIG-Servizos presenta un conflito colectivo e chama á mobilización
caixanova comunicados
CIG-Servizos vén de presentar un conflito colectivo como consecuencia do recorte de horas aos traballadores/as pertencentes ás empresas de limpeza de entidades de aforro e bancarias como Caixanova e BBVA.
9/7/2009 Ambas entidades teñen iniciado duros procesos de reestruturación
09-07-09 Mobilizacións Caixa Galicia
Delegados e delegadas da CIG mobilizáronse na mañá do 9 de xullo diante da oficina principal de Caixa Galicia e BBVA en A Coruña, para protestar contra os procesos de reconversión que están a levar a cabo as entidades financeiras. Proceso que ten ocasionado o peche de ducias de centros de traballo e a destrución de centos de empregos no noso País.