6/9/2011
A Federación contesta ás acusacións emitidas pola entidade deportiva
Diante do comunicado emitido polo Club Natación de Ferrol acusando á CIG de mentir a respecto do despedimento de tres traballadoras da piscina municipal de Caranza, dende a Federación de Servizos queren lembrar á entidade as súas obrigas legais co persoal, todavez que agora se encarga da xestión desta instalación.
17/2/2010
Estiveron até pola tarde no cuarto andar en Campolongo, reclamando a mediación da Xunta
Os traballadores e traballadoras de instalacións deportivas, en folga indefinida desde o 1 de febreiro de 2010 pecháronse ás 12 da mañá do martes 16 de febreiro no edificio da Xunta, no cuarto andar, en Campolongo. O motivo que os levou a esta nova mobilización é que o venres 12 de febreiro de 2010 a Conselleira de Traballo, Beatriz Mato, comprometeuse a mediarno conflito e sentar as partes, e a dia de hoxe aínda non tivo lugar a devandita mediación. Pola tarde efectivos da Policia Nacional desaloxaron a estes traballadores e traballadoras