Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
reconversión
14/11/2011 A central advirte que o proceso de centralización suporá a desaparición das entidades galegas e a perda da capacidade de decisión
Delegados e delegadas da CIG-Banca realizaron na mañá deste luns unha manifestación polas rúas da Coruña en rexeitamento ao proceso de reconversión do sector financeiro, impulsado polo Goberno estatal co apoio do PP, e a prol dun convenio xusto para os traballadores e traballadoras de bancos e caixas. Este proceso de reestruturación, advertía o Secretario Nacional da Federación de Banca durante a mobilización, está a supor a desaparición das entidades financeiras galegas e, polo tanto, implica a perda de capacidade de decisión, mais tamén pon en perigo a continuidade de miles de empregos en Galiza.
15/6/2011 Denuncia a intención da consellaría de favorece ro ensino privado concertado fronte o ensino público
A CIG-Ensino participou, este mércores día 15 de xuño, na concentración convocada polos centros afectados polo “Decreto polo que se transforman institutos de educación secundaria en centros integrados de formación profesional, se fusionan centros educativos e se cambian ensinanzas”, diante do Parlamento de Galiza. A CIG-Ensino xa manifestara a súa oposición, e mesmo se levantara da Mesa sectorial, para manifestar a súa oposición á imposición deste decreto que supón a supresión de 73 unidades de ESO e Bacharelato, de 198 postos de profesores/as e á desaparición de máis de 1.531 postos escolares públicos.
18/3/2010 A reconversión neste banco leva a externalización e destrucción de emprego
Dende 2007 a Sección Sindical de CIG en BBVA vén denunciando a ilegalidade e as consecuencias que os Proxectos Velázquez e Clima traían ao panorama laboral. Ditos proxectos supoñen unha reconversión precursora na banca tal e como a coñecemos, co obxectivo de transformar a rede nun conxunto de puntos de venda, reducindo postos de traballo e externalizando todo o traballo administrativo en distintas etapas a outras empresas, maiormente OP+, tanto no Estado español como noutros países.
9/7/2009 Ambas entidades teñen iniciado duros procesos de reestruturación
Delegados e delegadas da CIG mobilizáronse na mañá do 9 de xullo diante da oficina principal de Caixa Galicia e BBVA en A Coruña, para protestar contra os procesos de reconversión que están a levar a cabo as entidades financeiras. Proceso que ten ocasionado o peche de ducias de centros de traballo e a destrución de centos de empregos no noso País.
3/7/2009 A medida supón unha nacionalización “parcial e temporal”, podería supor a eliminación de 5.000 empregos e invade competencias autonómicas
A CIG amosou o seu rexeitamento ao Real Decreto Lei 9/2009 sobre reestruturación bancaria e reforzamento dos recursos propios das entidades de creto, un Decretazo que pon en marcha a reconversión do sector financeiro con escandalosas axudas públicas, por valor de 100.000 millóns de euros, e que podería levar á destrución de 5.000 empregos só na Galiza. Así mesmo, a norma abre as portas á posibilidade de fusións entre Caixas de distintas Autonomías; fusión que suporán a perda do carácter galego das principais entidades do País, Caixa Galicia e Caixanova, así como a deslocalización das súas Sedes e Servizos Centrais.
24/6/2009 Denuncian que dende comezos de ano a entidade anunciou o peche de 9 centros e non descarta novas medidas
Medio cento de delegados e delegadas convocados polo Comité de Empresa de Caixa Galicia na provincia de Ourense concentráronse ante a Oficina Principal da Entidade en contra do peche de oficinas e pola defensa dos postos de traballo. Dende o Comité denuncian que no vai que de ano Caixa Galicia anunciou o peche total, parcial ou temporal de 9 centros de traballo, así como novos posíbeis peches para o segundo semestre de 2009.
23/6/2009 A CIG votou en contra do Informe de Xestión e das Contas de 2008
O sábado 20 de xuño celebrouse en A Coruña a Asemblea Xeral de Caixa Galicia, o máximo órgano de goberno da Entidade. A aprobación das contas e a xestión do exercicio 2008 foi a máis contestada da historia, coa intervención dos Conselleiros de persoal, entre os que se atopa o secretario nacional da CIG-Banca, Clodomiro Montero, pero tamén de clientes que denunciaron situacións de acoso.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com