Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
transporte
15/11/2010 O fiscal solicita tres anos de prisión e sancións económicas por un suposto delito de danos e outro contra os dereitos dos traballadores/as
Este mércores 17 de novembro a partir das 10.00 horas comeza en Vigo o xuízo contra un afiliado da CIG e oito persoas máis acusadas dun presunto delito de danos e outro contra os dereitos dos traballadores/as durante a súa participación na folga do transporte de mercadorías por estrada de Pontevedra en 2008. A petición fiscal eleva a tres anos a pena de cadea e propón unha sanción económica de 10 meses a razón de seis euros diarios e outra de 12 meses coa mesma cantidade. Dende a federación de Transportes da CIG consideran que se trata de un novo intento de amedrentar a clase traballadora máis reivindicativa.
6/4/2010 A FGAMT de Lugo denuncia que a empresa de ambulancias despediu ao condutor por reclamar "o que legalmente lle correspondía"
Ás 00:00 horas deste martes daba comezo a folga convocada en Ambulancias Calvo Chantada para esixir a readmisión dun traballador afiliado á CIG, despedido por reclamar o que legalmente lle corresponde, e denunciar a represión laboral e os reiterados incumprimentos do convenio que padece o persoal desta empresa. A FGAMT-CIG de Lugo xa anunciou que vai impugnar os servizos mínimos estabelecidos, xa que abranguen o 100% do transporte sanitario urxente e unha parte moi significativa do non urxente, desvirtuándo deste xeito a convocatoria da folga.
2/3/2010 Os feitos foron denunciados á Garda Civil, quen iniciou unha investigación ao respecto
O sector de Transporte da CIG denunciou esta mañá publicamente a tentativa criminal contra o delegado sindical da central en Ambulancias do Eume ao que hai unhas semanas lle manipularon á roda do seu vehículo particular coa intención clara de provocarlle un accidente. Afortunadamente o delegado non sufriu danos, pero tres mecánicos confirmaron que as torcas do coche foran afrouxadas dun xeito intencionado. Os feitos xa foron postos en coñecemento da Garda Civil, que está a realizar investigacións.
17/9/2009 Ao non comparecer unha das testemuñas
O xuízo previsto para a mañá do 17 de setembro na sala do Social de Ferrol polo despedimento dun traballador de Rialsa-Monbus, afiliado da CIG, quedou finalmente suspendido ao non comparecer unha das testemuñas, neste caso o responsábel da empresa no zona.
16/10/2008 O Grupo Vázquez elimina 15 rutas entre Carballo e A Coruña
Os habitantes da comarca de Bergantiños cada vez teñen menos posibilidades de realizar os seus desprazamentos no transporte colectivo. O Grupo Vázquez, principalmente, e Aucasa reduciron drasticamente os servizos de buses na bisbarra desde que se produciu a segregación de liñas da compañía Arriva, anterior concesionaria do transporte de viaxeiros na zona.
15/10/2008 Choferes deste servizo acumulan até 12 horas de traballo en cada xornada
A CIG-Transporte fixo un chamamento á Xunta de Galiza para que introduza os cambios legais necesarios para obrigar as empresas a utilizar o disco tacógrafo no transporte escolar, pois na actualidade non existe mecanismo algún para controlar as horas ao volante dos choferes que traballan neste servizo.
23/4/2008 Comezarán as negociacións coa Patronal
Tres dias de mobilización, piquetes e un serio problema para a actividade industrial de Vigo son o resumo desta etapa da folga dos asalariados do sector do transporte de mercadorías na provincia de Pontevedra. Despois de moitos anos sen movemento nin loita pola negociación colectiva, está foi a primeira mostra de combate dun colectivo que non se resigna a ter o pior cuarto convenio do seu gremio en todo o Estado.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com