20/8/2010
CIG-Servizos denuncia que a empresa adxudicataria da recollida do lixo manifestoulle ao comité que seguirá a enviar un único operario/a na parte traseira dos camións
A Inspección de Traballo
sancionou con 8.200 euros á compañía Urbaser Ferrol por realizar a
recollida do lixo cun único operario/a na parte
traseira dos camións. Dende a CIG-Servizos da cidade departamental
-promotora xunto co comité de empresa das denuncias que motivaron a
actuación da autoridade laboral- critican que a compañía concesionaria do servizo municipal de recollida de residuos sólidos urbanos xa anunciou que pagará a multa
pero non fará nada para corrixir esta ilegalidade. A central nacionalista denunciara con anterioridade a pasividade da Inspección e do Concello de Ferrol diante irregularidades cometidas pola empresa.
5/3/2009
Mantiveron unha reunión co Delegado de Traballo
Os traballadores da multinacional do téxtil para o automóbil, Prevent, na súa maioría mulleres, concentráronse o 5 de marzo ante a sede da Xunta en Vigo para demandar o pago das indemnizacións e manter unha reunión co delegado provincial de Traballo, Pedro Borrajo, na que lle comunicaron a súa situación e lle esixiron que se implique en buscar unha solución, dado que a Administración aceptou o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) de extinción da factoría de Mos, que na actualidade non se está a cumprir.
7/11/2008
Conseguiron arrincar o compromiso dunha xuntanza con Pilar Cancelas
As empregadas e empregados da empresa de componentes da antiga Valeo, na actualidade Cablerias Auto, protagonizaron un peche na sede da Consellaria de Traballo en Vigo, na Praza da Estrela, para reclamar respostas a súa situación de incertidume laboral. Unhas 60 traballadoras desta fábrica de O Porriño demandaban asi de novo que se comprometeran a elaborar un plan que garantira o futuro da planta e das súas 92 traballadoras e traballadores.
8/9/2008
Sen concreción real das propostas
A Secretaria Confederal da Muller da CIG ven de elaborar o seu posicionamento sobre os dous decretos que veñen desenvolver a Lei do Traballo en Igualdade, elaborado pola Consellaria de Traballo, e nos que non se tiveron en conta as alegacións presentadas por esta central sindical.