2/5/2012
O 8 de maio celebraranse concentracións en todo o país convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
Delegadas e delegados da CIG-Ensino, e outras organizacións sindicais do
ensino público celebraron este mércores unha nova concentración, diante da
Consellaría de Educación, en Santiago de Compostela, para esixirlle ao Goberno
galego que non aplique ningunha das
medidas recollidas no RD Lei 14/2012 e que o recorra ante os tribunais. Co
ánimo de frear os recortes, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público xa
convocou concentracións comarcais para o próximo mércores, 8 de maio, pola
tarde e iniciará peches rotatorios nos centros o 14 de maio, entre outras
accións.
30/4/2012
O mércores día 2 de maio, ás 11:30 horas, diante da consellaría de Educación
As organización sindicais do ensino público
celebrarán o próximo mércores 2 de Maio unha concentración de delegados e
delegadas diante da Consellería de Educación, en San Caetano, para denunciar as medidas de recorte aprobadas
polo goberno do Partido Popular e demandar da consellaría de Educación que non
as aplique en Galiza.
27/4/2012
Delegados e delegadas do ensino concentráronse ás portas da EGAP para esixir que non se apliquen os recortes
Na reunión da Mesa Sectorial Docente Non Universitaria celebrada este
xoves en Santiago a CIG-Ensino esixiulle
á Consellería de Educación que exerza as competencias que lle corresponde e en
consecuencia que non aplique en Galiza o Real Decreto 14/2012. A CIG-Ensino
intentou sacarlle ao conselleiro, Jesús
Vázquez, o compromiso de non executar máis recortes e lle trasladou que
por dignidade e responsabilidade non lle queda
máis remedio que recorrer o Real Decreto por vulnerar as competencias en
materia educativa da Xunta de Galiza.
24/4/2012
CIG-Saúde exixe da Xunta de Galiza que manifeste o seu rexeitamento e oposición frontal á invasión de competencias do goberno central
O Boletín Oficial do Estado publica hoxe o
Real Decreto Lei de medidas urxentes en materia de sanidade. CIG-Saúde denuncia
que desde o goberno de Madrid se impoñen así, toda unha serie de medidas sobre
materias que “son de competencia exclusiva da Xunta de Galiza” e que esas
medidas van moito máis alá das anunciadas tras da xuntanza do Consello
Interterritorial de Saúde do pasado 18 de abril, estabelecendo xa unha carteira
de servizos comúns básicos e, ademais do copago farmacéutico, o copago
sanitario para a prestación dalgúns servizos que non son considerados como tal.
26/3/2012
Solicita a suspensión cautelar do decreto
A CIG presentará a primeira hora deste martes, 27
de marzo, para a súa tramitación polo procedemento especial de protección de
dereitos fundamentais, un contencioso administrativo contra o decreto de
servizos mínimos ditados pola Consellaría de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza da Xunta de Galiza, publicado hoxe no DOG. A central
sindical considera que os servizos mínimos estabelecidos para a folga xeral
convocada para o día 29 de marzo resultan abusivos e contrarios ao dereito
fundamental de folga que recoñece o artigo 28.1 da Constitución.
24/2/2012
Logo das numerosas manifestacións e concentracións celebradas alega que afecta ao ámbito do Plan especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica
A CIG de Compostela
manifesta o seu malestar pola decisión do concello de Santiago de “desestimar”
a petición da central sindical de facer un enganche de luz e de utilizar a
furgoneta de megafonía na manifestación das traballadoras/es, convocada para
mañá sábado, día 25, ás 11:30 horas. A furgoneta, di o decreto emitido polo
concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, “poderá facer o
percorrido polas rúas da nosa cidade, agás as rúas de uso peonil e as vías de
circulación prohibida sinaladas no capítulo III da Ordenanza xeral Municipal e
Uso de Vía pública”.
3/1/2012
Dende a CIG-Administración denuncian que as sociedades mercantís públicas e as fundacións poderán contratar persoal propio
A Xunta de Galiza aprobou hoxe na Comisión de Persoal, co voto en contra da CIG e favorable de CCOO e CSIF, un decreto que trata de regular a contratación nos entes instrumentais e os procesos de integración. Para o sindicato nacionalista, este decreto supón outro engano do Goberno Feijóo, xa que lonxe de acabar ou regular os chamados 'chiringuitos', vai significar a súa consolidación ao permitir que as sociedades mercantís públicas e as fundacións poidan contratar persoal propio sen pasar por un proceso selectivo público.