3/3/2010
Novo acto de protesta contra as reformas laborais do goberno do Estado, cara unha grande mobilización comarcal en Pontevedra o 10 de marzo
Ás dez e media da mañá daba comezo a asemblea de delegadas e delegados da comarca de Pontevedra da CIG, que nesta ocasión tivo lugar no Auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa. Analizouse neste encontro as pretensións do goberno estatal de reducir os dereitos da clase traballadora e que sexan as traballadoras e traballadores quen continúen a pagar a crise coa reforma laboral, o aumento da idade da xubilación ou o recorte das pensións. Ás doce saiu deste auditorio unha manifestación que percorreu o centro de Vilagarcía até achegarse á oficina da Seguridade Social.