Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
relixión
13/6/2011 Anxo Louzao asegura que conculca os principios de igualdade e libre concorrencia
O secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, comparecía hoxe en rolda de prensa acompañado dos pais dun alumno do IES Concepción Arenal, de Ferrol, que non obtivo matrícula de honra ao computarse a nota da materia de relixión para calcular a media. Un feito que consideran “discriminatorio” e que ademais ten consecuencias económicas, tanto á hora de formalizar a matrícula, como ao solicitar praza nunha residencia universitaria.
6/6/2011 Ten constancia de que no IES Concepción Arenal de Ferrol estase incluíndo a cualificación nesta materia para calcular a media
A CIG-Ensino ten constancia de que o IES Concepción Arenal de Ferrol está considerando a cualificación da materia de relixión para calcular a media co fin de elaborar a proposta de alumnos/as que optan á matrícula de honra. Concretamente, alumnos que, polas súas notas nas demais materias, non optarían a esta matrícula de honra, logo de reclamar ao departamento de Relixión foilles incrementada a nota e, agora, atópanse en disposición de que se lles conceda, en detrimento dos alumnos/as que non cursan esta materia.
1/7/2008 A emenda obtivo 30 votos a favor, 18 en contra e 15 abstencións
O Pleno do Consello Escolar do Estado, celebrado o pasado 26 de xuño, aprobou o Informe sobre o estado e situación do sistema educativo do curso 2006-2007, no que se tivo en conta, entre as emendas presentadas pola CIG-Ensino, a que insta “ao goberno a que revise o Concordato co Estado Vaticano co obxectivo de que o ensino da Relixión non forme parte do currículo escolar.” Unha emenda que foi aprobada con 30 votos a favor, 18 en contra e 15 abstencións.
20/6/2008 CIG-Ensino continuará a defender a súa reforma
O Consello da Xunta aprobou o Decreto de Bacharelato no Consello da Xunta sen proceder a rectificar as graves carencias que posúe e mesmo os seus erros manifestos, que obrigarán en breve a ter que modificar o seu contido, que foi froito de atender as presións de intereses alleos ao ensino, como é o caso da xerarquía da igrexa, no canto de escoitar as demandas da comunidade educativa.
19/6/2008 CIG-Ensino cualifica a actitude da consellaría de “ineptitude” e “autoritarismo”
A Consellaría de Educación vai clausurar o curso o día 20 e vén de abrir a matrícula para o Bacharelato. Porén, aínda non ten aprobado o novo Decreto do currículo polo que se vai ordenar o Bacharelato para o curso vindeiro. Esta situación agrávase, aínda máis, porque o propio proxecto de Decreto derroga a Orde que regula as optativas e a Consellaría non presenta, nin sequera, o borrador dunha nova.
5/6/2008 Considera que Touriño debería cesala polos malos resultados acadados
A CIG-Ensino e os alumnos de Filosofía concentráronse o mércores día 4 de maio diante da consellaría de Educación "Por un novo Decreto de Bacharelato". A CIG-Ensino tiña preparado un gasallo para a súa titular, Laura Sánchez Piñón: un lote de libros de Historia e Filosofía para que, durante o verán, recupere as asignaturas suspensas ao longo deste curso escolar, practicamente todas agás relixión. CIG-Ensino entende que o seu titor, Emilio Pérez Touriño, debería deixala fóra do sistema educativo.
21/5/2008 Os alumnos de Filosofía sumáronse á concentración
Continuando coas mobilizacións en demanda doutro decreto de bacharelato, na mañá deste mércores 21 de maio, representantes da CIG-Ensino entregaron no rexistro da consellaría de Educación, preto de 2.700 sinaturas -que veñen sumarse ás xa entregadas e que se incrementarán coas que se recollan nos vindeiros días- en apoio a esta solicitude. Previo o acto de entrega celebrouse unha concentración en San Caetano á que se sumaron alumnos de Filosofía denunciando entre outras cousas que “a consellaría mata a Filosofía”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com