22/5/2012
Profesorado, estudantes e pais e nais participan nun encerro que se prolongará até a mañá do mércores
Os peches rotativos convocados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público continúan o seu percorrido por diferentes centros do País. Este martes tocoulle a quenda á cidade da Coruña, onde pais e nais, estudantes e profesorado iniciaron un encerro, por volta das 17:30 horas, no IES Menéndez Pidal de Zalaeta. A protesta manterase até as 08:30 horas do mércores, día no que a Plataforma ten convocado un peche no IES Torrente Ballester, en Pontevedra.
21/5/2012
No marco dunha mobilización da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público que se está a desenvolver en centros educativos de todo o país
Pais
e nais, estudantes e docentes iniciaron hoxe luns día 21 un peche no
Instituto de Educación Secundaria San Tomé de Freixeiro de Vigo
para esixir da Consellaría de Educación que non aplique no noso
país ningún dos recortes que recolle o RD Lei 14/2012 ou que o
recorra por invadir as competencias que en materia educativa ten a
Xunta. O peche, promovido pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público, iniciouse ás 16.00 horas e está previsto que remate ás
9.00 horas do martes 22.
21/5/2012
Segue exixindo da Consellaría de Educación que non o aplique en Galiza e que presente un recurso en contra
O Congreso dos
deputados aprobaba, o pasado 17 de maio, cos únicos votos do PP, e os votos en
contra de toda a oposición, o Real Decreto Lei 14/2012 que recolle unha batería
de recortes en Educación para seren aplicados nos distintos territorios do
Estado. A CIG-Ensino reclamou, desde o primeiro momento, a non aplicación en
Galiza deste Real Decreto pensado e posto en marcha para dar un golpe de morte
ao ensino público. Porén, denuncia a complicidade co Goberno central coa que
está actuando o Conselleiro de Educación, que como unha “marioneta” asume os
mandatos do PP.
21/5/2012
A Federación critica o cambio de modelo de xestión, “ao máis puro estilo empresarial”, e o deterioro progresivo da calidade do servizo prestado
A CIG-Ensino realizou o pasado mércores unha concentración na Praza do Concello de Ortigueira en rexeitamento á política de acoso laboral, represalias e despedimentos que está a pór en práctica a Xerencia e o Presidente da Asociación Aspromor no centro de atención a persoas con discapacidade que ten en dito concello. Dende a central sindical demándase un cambio de rumbo na nova xestión que recupere os obxectivos polos que foi creada a asociación, centrada na atención aos/ás usuarios/as, e se respecten os dereitos dos traballadores/as.
15/5/2012
Membros de toda a comunidade educativa manterán a protesta até a mañá do mércores
Os peches rotativos convocados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público continuaron este martes no IES Concepción Arenal de Ferrol tras un exitoso inicio en Compostela e Melide. O peche, no que participan pais e nais, estudantes e docentes, prolongarase dende ás 16:00 horas deste martes até ás 8:00 horas do mércores 16 de maio.
14/5/2012
O peche foi convocado pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e terá continuidade noutros centros educativos
Un grupo de
pais e nais, estudantes e docentes permanecen pechados desde hoxe ás catro da
tarde no Instituto de Educación Secundaria Rosalía de Castro, de Santiago, para
esixir da Consellaría de Educación que non aplique en Galiza ningún dos
recortes que recolle o RD Lei 14/2012 o e que o recorra por invadir as
competencias que en materia educativa ten a Xunta de Galiza. O peche, promovido
pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, rematará ás nove da mañá
do martes 15 e terá continuidade cun novo encerro da comunidade educativa, ese
mesmo día, ás 16:00 horas, no IES Concepción Areal de Ferrol.
10/5/2012
Trátase dunha iniciativa lúdico-educativa para reivindicar a normalización da lingua galega
Vigo foi escenario hoxe dunha nova edición do Correlingua, actividade lúdico-educativa de reinvindicación da
lingua galega organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a CIG–Ensino
e a Mesa pola Normalización Lingüística xunto cos Concellos de Lugo, Ourense,
Pontevedra e Vigo. Arredor de 1.500 rapaces e rapazas percorreron as rúas da cidade antes de rematar no parque de Castrelos, onde tiveron lugar as actuacións musicais e as actividades lúdicas para os máis pequenos.