Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
CIG-Ensino
10/2/2012 Exixiron, tanto na Mesa, como na concentración, a inmediata retirada do anteproxecto co que o PP pretende recortar as súas condicións laborais e salariais
Centos de empregados/as públicos/as participaron este venres na concentración convocada ante a Escola Galega de Administración Pública, coincidindo coa celebración da Mesa Xeral da Función Pública. Tanto as persoas concentradas, como os representantes sindicais que participaban na Mesa exixiron a retirada do “Anteproxecto de medidas no emprego público na Xunta de Galiza”. Denuncia que se trata dunha proposta que se limita a introducir recortes nas condicións laborais e salariais dos empregados e empregadas do sector público.
10/2/2012 A CIG convoca unha asemblea de traballadoras e traballadores, este sábado ás 11:30 horas en Compostela
O Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, nunha reunión coas delegadas e delegados, anunciou a integración do organismo na Axencia Galega de Servizos Sociais. O proceso de integración faríase en dúas fases: primeiro os Servizos Centrais e as Escolas Infantís (Galiñas Azuis) e, despois a Área de Benestar. A CIG denuncia que todo isto está previsto que se faga sen garantir, en ningún momento, os postos de traballo do persoal do ente, unha vez finalizado o proceso de integración.
9/2/2012 Convocan outra concentración, este venres 10 de febreiro, diante da EGAP, a partir das 13:00 horas, coincidindo coa celebración da Mesa Xeral do emprego público de Galiza
Máis de 3.000 traballadores e traballadoras do sector público déronse cita esta mañá diante de San Caetano, coincidindo coa celebración do Consello da Xunta. O que inicialmente estaba previsto como unha concentración de delegados e delegadas converteuse finalmente nunha masiva mobilización á que se sumou todo o persoal que por proximidade ou por quendas puido ir a manifestar o seu máis rotundo rexeitamento aos recortes propostos polo goberno do PP. O persoal, que participou masivamente nas asembleas convocadas polas organizacións sindicais, chegou a fletar autobuses desde diversos puntos de Galiza para sumarse a esta mobilización convocada con carácter de urxencia.
7/2/2012 CIG, CCOO, UGT e CSI-F non descartan convocar folga en todas as administracións se o Goberno Galego continúa adiante co Anteproxecto de Lei
Representantes de CIG, CCOO, UGT e CSI-F nas diferentes administracións públicas galegas compareceron este martes en rolda de prensa conxunta para anunciar a convocatoria de mobilizacións en contra do Anteproxecto de Lei de Medidas no Emprego Público que prepara a Xunta. As organizacións sindicais realizarán concentracións todos os xoves de febreiro para amosar o seu rexeitamento a estes novos recortes nas condicións laborais e salariais e non descartan convocar folga en todas as administracións se o Goberno galego non retira este decreto.
3/2/2012 Estes días cumprirase un mes de atraso no cobro do primeiro trimestre
A CIG Ensino denuncia que a Consellaría de Educación aínda non pagou as cantidades asignadas aos colaboradores dos comedores escolares xestionados pola Consellaría de Educación, nin ao profesorado que coordina o servizo. Nestes días cumprirase un mes de atraso no pagamento correspondente ao primeiro trimestre, é dicir, este persoal non cobrou nada desde o inicio do curso, e moitas veces esta actividade xéralle gastos.
3/2/2012 Anuncia mobilizacións para exixir a súa reconsideración e retirada
A Área Pública da CIG manifesta o seu rotundo rexeitamento ás medidas anunciadas pola conselleira de Facenda, no día de hoxe. Medidas que implican recortes nas condicións laborais e salariais e supresión de dereitos do persoal das administracións públicas. A Xunta de Galiza pretende eliminar desde o cobro do 100% de salario en todas as baixas por debaixo dos 21 días, até reducir de forma obrigatoria un terzo da xornada e, en consecuencia de salario, aos traballadores/as interinos e contratados. A CIG exixe a reconsideración e retirada destas propostas ou, do contrario, convocará a todas as empregadas e empregados públicos a mobilizarse en defensa dos seus dereitos.
1/2/2012 Louzao denuncia que a reforma do sistema educativo proposta polo PP contén medidas “reaccionarias, clasistas e segregacionistas”
A consellaría de Educación anunciaba, na mesa sectorial celebrada onte, que non vai a haber oferta de emprego público para o ensino, no ano 2012. Ante esta decisión, a CIG-Ensino convocaba, esta mañá, unha concentración en San Caetano. Segundo o seu secretario nacional, Anxo Louzao, esta medida responde á decisión do PP, a nivel de estado, de recortar o ensino público e, en consecuencia, diminuír o profesorado. Louzao denunciou ademais a “desleixo absoluto da consellaría, das súas competencias plenas nesta materia” e alertou do que suporá canto á perda de calidade do ensino público.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com