Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
folga do naval
10/3/2010 O obxectivo da folga dase por cumprido, xa que se transmitiu con forza a vontade dos traballadores/as de que non se renegocie o convenio as súas costas
Desde primeira hora da mañá, nos distintos estaleiros comezaban os piquetes a informar da convocatoria de folga no 10 de marzo para o sector, que tivo un seguimento do 80%. A CIG-Metal valora moi positivamente esta xornada, aínda máis se temos en conta toda a campaña mediática da patronal e as centrais sindicais UGT e CCOO en contra desta convocatoria, asi como da abusiva presenza policial, que pretendeu ter un efecto disuasorio no seguimento das mobilizacións, con identificacións e rexistros desde primeira hora da mañá, mais que non impediron que de novo as rúas de Vigo volveran visibilizar a forza dun sector que non baixa a cabeza e que respondeu con voz ben clara ás pretensións de renegociar o convenio ás costas dos traballadores/asr: non imos permitir máis recortes de dereitos e defenderemos o naval.
9/3/2010 Denuncian a falta de regulación da contratación, a represión e a perda de dereitos conquistados, e chaman á secundar esta mobilización obreira na provincia de Pontevedra
A CIG-Metal editou milleiros de follas informativas a distribuir no sector naval nos días previos á folga, no que tamén se están a realizar asembleas, para facer chegar información aos traballadores/as do naval. Nos últimos dias tanto as patronais como outras centrais sindicais téñense posicionado conxuntamento contra esta convocatoria de folga, polo que a central sindical nacionalista explica a súa postura polo miúdo no seguinte comunicado que transcrebemos polo seu interese e onde subliñan que "temos que decirlle aos empresarios, a UGT e CCOO que non poden acordar modificar o Convenio sen o permiso dos traballadores, non teñen autoridade. Se non facemos esta Folga seguirán acordando o que queiran, vendendo o noso dereito ao traballo e todo aquelo que tanto nos costou en anos de loita".
5/3/2010 Pola regulación da contratación, polo cumprimento do convenio e contra a represión sindical
Ás 11.30 da mañá o 5 de marzo houbo unha rolda de prensa da CIG-Metal para dar a coñecer a convocatoria de folga no sector naval da central sindical nacionalista para o 10 de marzo contra a desaparición da bolsa de emprego e na defensa da regulación da contratación no sector. A folga terá unha duración de 24 horas e a convocatoria atinxe a todos os traballadores e traballadoras do sector naval con ou sen convenio propio da provincia de Pontevedra. Promóvese tamén esta folga polo incumprimento do Convenio Colectivo do Metal, contra a flexibilidade horaria e contra a represión sindical.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com