5/4/2013
Denuncia que estas políticas “pronatalistas” van acompañadas de iniciativas ultraconservadoras, que supoñen un retroceso de dereitos para as mulleres
A Secretaría da Muller
da CIG considera irresponsábel a inclusión do debate e tramitación do “Plan de
Dinamización Demográfica de Galiza 2013-2016, horizonte 2020” pola vía de urxencia,
após de máis de dous anos de debate en comisións de traballo, tendo en conta a
importancia do impacto dun plan destas características e o grave problema de
despoboamento que atravesa o noso pais.
12/3/2013
A secretaria confederal de Mocidade, Margarida Corral, lembra que 70 mozos e mozas emigran cada día a busca de condicións laborais e salariais dignas
O Goberno español vén de
facer unha presentación pública da Estratexia
de Emprendemento e Emprego Xoven 2013-2016, propostas que xa foron incluídas
no Real Decreto-lei 4/2013, de 22 de febreiro, de medidas de apoio ao
emprendedor e de estímulo do crecemento e da creación de emprego aprobado o pasado 23 de febreiro. A CIG
Mocidade denuncia a complicidade dos sindicatos estatais, que pese a non asinar
o Acordo, se prestan “á foto” co goberno e coa patronal, malia ser estas
medidas “claramente dirixidas a beneficiar á patronal, con transferencias
económicas e flexibilidades na contratación, a costa dunha maior precariedade e
explotación para a mocidade traballadora”.
1/3/2013
No marco da campaña do 8 de Marzo que este ano desenvólvese baixo o lema de “Fartas!”
A Secretaría da Muller da CIG vén de presentar,
en rolda de prensa, a campaña do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, que se
desenvolve este ano baixo o lema de “FARTAS!”. Margarida Corral,
secretaria confederal de Muller e Mocidade anunciou as diversas mobilizacións
que con este motivo convoca, ou nas que participa, a central sindical e
denunciou as “celebracións e conmemoracións hipócritas por parte das mesmas
administracións e poderes que recortan os nosos dereitos”. Ademais presentouse
o informe “A situación da Muller no Mercado Laboral en Galiza no ano 2012”, elaborado polo
Departamento de Economía, no que se constata que, alén do paro, as condicións
laborais da muller en Galiza son cada vez peores.
11/1/2013
Dos 166.800 portos de traballo destruídos en Galiza nestes catro anos, 149.100 foron de menores de 35 anos e destes, 77.164 emigraron
A CIG convoca
unha xornada de loita nacional en todas as comarcas para denunciar a
sangría demográfica que está a sufrir o noso país e que afecta especialmente á
mocidade. A situación é de tal gravidade que dos 166.800 empregos
destruídos nestes catro anos, 149.100 estaban ocupados por menores de 35 anos;
destes, máis de 77.164 optaron por emigrar, neste período, en busca dunha
alternativa laboral que non atoparon en Galiza e o paro medrou case un 123%
desde o estoupido da crise entre os menores de 25 anos. Uns datos demoledores
tirados do informe elaborado polo Gabinete Confederal de Economía da CIG.
21/11/2012
Convoca unha concentración en solidariedade con Nélida Pisco,o vindeiro venres día 23 de novembro, de 12:00 a 13:00 h, na Estación de Autobuses de Compostela
Consciente de
que a realidade supera á ficción, a Secretaría da Muller da CIG escolleu este
ano como lema da campaña do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia
contra as Mulleres, “Os verdadeiros monstros atópanse fóra dos contos”. Unha
forma, segundo explicou Margarida Corral, de evidenciar que os monstros dos
contos “agóchanse na vida real baixo a faciana do patrón explotador, do xefe
acosador, do agresor, do calumniador, do chantaxista, dos que nos castigan por
sermos nais traballadoras, dos que pretenden illar ás mulleres, decidir por nós
no control dos nosos corpos, lexislar para criminalizarnos”, perpetuando a
violencia contra as mulleres.
2/3/2012
As reformas (laboral e das pensións) terán efectos especialmente negativos sobre a muller galega, que parte dunha situación máis precaria
A secretaria confederal de Muller e Mocidade, Margarida Corral,
compareceu esta mañá en rolda de prensa para presentar a campaña da CIG arredor
do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, que desta volta se conmemora
baixo o lema “As mulleres coa folga xeral. Xuntas podemos!”, e informar dos
actos que con este motivo convoca ou nos que participa a central sindical.
Xunto a ela interveu a responsábel do Gabinete Técnico de Economía, Natividade
López, quen presentou as conclusións do traballo “A muller no mercado laboral
en Galiza”, realizado a partir da análise dos datos oficiais do ano 2011.
24/11/2011
Concentracións no Día Internacional contra a violencia contra as mulleres en todas as comarcas, entre as 11:00 e as 12:00 horas, nos edificios administrativos da Xunta
A secretaria confederal da Muller da CIG, Margarida Corral
presentou, en rolda de prensa, a campaña que a central sindical
desenvolverá con motivo da conmemoración do 25 de novembro, “Día Internacional
contra a violencia contra as mulleres”. Unha campaña na que se denuncia que “A
crise xera máis violencia contra as mulleres”, porque “as reducións salariais,
os despedimentos e os recortes de prestacións sociais e laborais”, afectan
especialmente ás mulleres e tamén son unha forma de violencia. A CIG ten
convocadas concentracións simbólicas en todas as comarcas de Galiza, entre as
11:00 e as 12:00 horas.