19/1/2009
Éxito da manifestación convocada por máis de 80 organizacións, entre elas á CIG, contra os ataques de Israel
Aos berros de “Palestina vencerá”, “o sionismo
é terrorismo”, “onde están que non se ven as sanción a Israel”, máis de 15.000
persoas percorreron as rúas de Compostela para manifestar o seu rexeitamento á
masacre que o goberno israelí está a levar a cabo contra o pobo palestino. A
mobilización, convocada por máis de 80 organizacións e colectivos entre os que
se atopa a CIG, recibiu a resposta masiva dos galegos e galegas que, unha vez máis,
volveron amosar a súa solidariedade.
15/1/2009
Ás 12:00 do mediodía na Alameda de Compostela
O vindeiro 18 de xaneiro, todos os galegos e
as galegas teñen unha cita en Compostela para manifestar de nova a súa
solidariedade co pobo palestino e amosar o total rexeitamento á masacre que o
goberno de Israel está levando a cabo en Gaza. A mobilización, convocada por
distintas organizacións entre as que se atopa a CIG, sairá da Alameda de
Compostela ás 12:00 do mediodía.
13/1/2009
A CIG FOI UNHA DAS ORGANIZACIÓNS CONVOCANTES
O
pasado
sábado 10 de xaneiro, máis de cinco mil persoas percorreron as rúas
de Vigo, nunha mobilización convocada por diversas organizacións,
entre elas a CIG, para pedir o cese do masacre en Gaza e para
expresar a solidariedade do pobo galego co palestino, o que para os
convocantes supuxo un "rotundo éxito" que demostra a elevada
sensibilidade do pobo galego con Palestina.
29/12/2008
Comunicado da central sindical
A Confederación Intersindical Galega manifesta o seu completo rexeitamento e repulsa contra destes actos
criminais que provocaron –polo momento- a morte de 300 e feriron a máis de 1500
palestinos, e reclama un pronunciamento e sancións por parte das Nacións Unidas. Chama tamén ás institucións galegas a pronunciarse e ao conxunto da sociedade a manifestar a súa repulsa.
12/2/2008
Exixe o cumprimento das resolucións da ONU e o respecto ao dereito internacional
Organizacións sociais, fundacións e particulares veñen de asinar un manifesto “ante os terribles acontecementos actuais que contribúen a prolongar a desesperación da poboación palestina”, para demandar a Israel o cese do bloqueo, a renovación do diálogo e a negociación como vías para pacificar os Territorios Ocupados.