Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
De novo o Iraque
26/06/2014Albano Nunes
De novo o Iraque. De novo um misterioso bando de «terroristas», semeando a morte e a destruição. De novo a orquestração de dramáticos apelos ...
Suplementos territoriais nos recibos eléctricos
26/06/2014Fernando Branco Parga
O Tribunal Supremo vén de sentenciar que nas peaxes do sistema eléctrico se deberían incluír os diferentes suplementos territoriais. Efectivame...
O destino do Iraque
20/06/2014Luís Carapinha
Aferrados a uma ordem económica injusta e decadente os EUA prosseguem a cavalgada de fragmentação de territórios e destruição das soberanias ...
A outra cara do Mundial de Fútbol
20/06/2014Vicenç Navarro
A gran pobreza do sector público no Brasil, xunto coas exuberantes riquezas, explica a explosión social. De aí a enorme protesta, que non é a pr...
Europa: alternativas à crise
17/06/2014Éric Toussaint
Repartir de outra maneira a riqueza produzida constitui a melhor resposta à crise. A parte destinada aos assalariados nas riquezas produzidas baixo...
As eleições na União Europeia
16/06/2014John Catalinotto
decreto contra o galego
6/9/2010 CIG-Ensino non permitirá que se expediente ao profesorado por impartir aulas en galego
Menos profesorado nos centros, necesidades educativas sen atender, 19 centros públicos pechados, 79 unidades menos de Infantil e Primaria, máis de 20 ciclos formativos menos e eliminación da Ensinanza de adultos en 50 centros, “todo isto mentres a Consellaría outorga 19 novos concertos a outras tantas unidades de centros privados, entre eles ao colexio Aloia de Vigo, que segrega o seu alumnado en función do sexo”. Deste xeito retrataba Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, as condicións nas que comeza o curso escolar 2010-2011. Un curso no que a CIG-Ensino xa advertiu que non permitirá que haxa ningún expediente contra o profesorado que dea as súas aulas en galego. Máis cando a situación predominante será que a maioría dos centros non cheguen ao 50% de impartición en lingua galega.
7/6/2010 CIG-Ensino exixe da consellaría de Educación que impida que este ataque contra a normalización da nosa lingua se efectivice
Unha vez máis o inglés, tal como pretende facer o decreto do plurilingüismo, elimina a nosa lingua das áreas que lle corresponderían, limitando por máis o dereito dos pais e nais de optar ou non a unha aula bilingüe. Así vai ocorrer no Cluny de Compostela, onde pretenden eliminar o galego en áreas como coñecemento do medio. A CIG-Ensino demanda da consellaría de Educación que impida este novo ataque contra a nosa lingua.
25/5/2010 Denuncia que Educación impón un decreto que atenta contra o galego e que suscitou o maior rexeitamento da historia da normalización lingüística
A CIG-Ensino vén de anunciar a presentación dun recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza contra o decreto de Plurilingüismo, que sae publicado este martes, 25 de maio, no Diario Oficial de Galiza. A CIG-Ensino denuncia que a consellaría de Educación impón así un decreto que atenta contra o galego e que suscitou o maior rexeitamento da historia da normalización lingüística.
20/5/2010 CIG-Ensino afirma que Núñez Feijóo impón un decreto elaborado para reducir a presenza do noso idioma
O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, vén de manifestar que, “para a CIG-Ensino, a aprobación do Decreto de Plurilingüismo polo Consello da Xunta é unha mostra máis do desprezo deste goberno do Partido Popular polo pobo galego e pola súa lingua”. O Consello da Xunta, no canto de escoitar e atender as demandas de toda a sociedade galega, que nun ano de mobilizacións deixou patente o seu rexeitamento ás pretensións galegófobas de Feijoo e o seu equipo, teima en levar adiante o seu proxecto, un proxecto elaborado para reducir a presenza do noso idioma nas aulas e que recibiu todos os rexeitamentos posíbeis.
20/5/2010 Núñez Feijóo desoe a miles de persoas, organizacións sociais, institucións e mesmo ao Consello Consultivo
A plataforma cidadá Queremos Galego, que agrupa a máis de 700 diversas entidades que teñen como nexo común a defensa da lingua propia de Galiza, rexeita o “decretazo contra o galego” que volveu presentar esta mañá o presidente da Xunta “con só unha pequeniña nova capa de maquillaxe”.
9/4/2010 Denuncian o seu autoritarismo, prepotencia, manipulación e falsidade
A CIG-Ensino reafirma a urxencia e a necesidade de que o Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, dimitan das súas responsabilidades pola súa actitude permanente en contra do galego á que se lle suma agora a manipulación, mentira e falsidade, chegando converter a páxina institucional da Consellaría de Educación non voceiro ideolóxico do Partido Popular.
7/4/2010 Na Mesa sectorial negouse a aceptar ningunha das propostas presentadas en relación coa nosa lingua
A CIG-Ensino vén de denunciar que na Mesa Sectorial celebrada o martes 6 de abril a consellaría de Educación intensificou a súa actitude contraria ao noso idioma. Entre os temas a tratar estaban os artigos relacionados coa regulamentación dos Equipos de Normalización Lingüística nas Escolas Oficiais de Idiomas e nos Conservatorios de Música e Danza. A CIG-Ensino afirma que Educación non aceptou ningunha proposta e mesmo manifestou a súa negativa a falar do tema.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com