marco
Artigos de opinión
O guerreiro Obama e o peixe fora d’água
18/03/2010Frei Betto
Obama é uma decepção! Recebeu imerecidamente o Nobel da Paz -um presidente que guerreia o Iraque, o Afeganistão e o Paquistão- e, em discurso...
A Alemanha e a Europa do futuro
18/03/2010Alexandrino Fernandes
O modelo de desenvolvimento que tem feito da Alemanha nestes últimos anos o maior exportador mundial assenta no progressivo empobrecimento da pop...
Crise do capitalismo e protagonismo da periferia
18/03/2010Márcio Pochmann
O sistema capitalista revela em suas crises periódicas momentos determinados de profunda reestruturação. São oportunidades históricas em que ...
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
Administración
5/2/2010 A CIG-Administración reclama un incremento salarial igual á media da suba dos convenios colectivos e non o ínfimo 0.3% pactado polo Goberno e os sindicatos estatais
09-12-16 área pública 1
Os traballadores/as e traballadoras das Administración Públicas ficaron sorprendidos ao recibir a nómina do mes de xaneiro, xa que todo o persoal cobrou entre 10 e 30 euros menos que nunha mensualidade habitual. A escasa suba salarial pactada e decretada polo Goberno do Estado, coa conivencia dos sindicatos estatais, e a eliminación da rebaixa dos 400 euros na retención do IRPF, teñen provocado unha importante perda do poder adquisitivo dos traballadores e traballadoras das administracións públicas.
30/10/2009 Demandan a cración dun servizo público galego de prevención, extinción de incendios e salvamento
Emerxencias 1
Ás 11 da mañá congregábanse, ás portas do Parlamento de Galiza, traballadoras e traballadores dos servizos de emerxencia para participar na manifestación en demanda da creación dun servizo público galego de prevención, extinción de incendios e salvamento e contra a súa privatización. A marcha non pasou desapercibida polas rúas de Compostela e os petardos e os botes de fume foron os protagonistas. A manifestación rematou en San Caetano coa lectura do manifesto conxunto asinado pola CIG, CCOO e UGT.
16/12/2008 CIG-Autonómica rexeita a proposta de modificación de relación de postos de traballo nos servizos de limpeza e mantemento
08-12-16 San Caetano
Na que, probablemente, será a derradeira Mesa Xeral de Empregados Públicos o vindeiro 18 de decembro, a Consellaría da Presidencia na súa proposta de modificación de relación de postos de traballo remitida ás centrais sindicais con representación na mesma, presentará a amortización de 83 postos de traballo, 55 deles con traballadores/as en activo que pasarán a engordar as listas de desemprego deste País.
16/10/2008 Concentráronse primeiro diante do Parlamento e logo diante de Presidencia, en San Caetano
outubro 16, 112 1
Con concentracións diante do Parlamento de Galiza -onde tramitaron unha solicitude de entrevista con todos os grupos con representación na cámara galega-, unha marcha até San Caetano polas rúas da zona vella compostelá e unha concentración diante de Presidencia, reiteraron, na mañá deste xoves 16 de outubro, a súa exixencia de melloras nas condicións laborais e o recoñecemento do dereito á subrogación, as traballadoras e traballadores do servizo de atención a emerxencias 112.
5/5/2008 A limpeza e a escola infantil non serán públicas
Concentración dos empregados e empregadas publicas da Xunta de Galiza en Pontevedra II
Traballadores e traballadoras da Xunta de Galiza, e delegados e delegadas sindicais de UGT, CC.OO, CIG, CSI-CSIF e CGT concentrábanse o 5 de maio diante do edificio administrativo da Xunta en Pontevedra, para expresar o seu rexeitamento á privatización de diferentes servizos da administración autonómica nesta cidade.
24/4/2008 Temen que a pretensión da administración sexa externalizar estas funcións
Inspectores farmaceuticos 2
Representantes de CIG-Saúde, CIG-Administración e unha ampla representación do colectivo de Inspectores Farmacéuticos de Saúde Pública denunciaron en rolda de prensa a pretensión da consellaría de Sanidade de Sanidade de amortizar 19 das 100 prazas existentes a cambio de subilos de nivel. Denuncian que tras desta redución de prazas agóchase a intención da administración de externalizar progresivamente o traballo que desenvolve este colectivo.