Estamos a ver
estes días un dos recortes de gasto público, incluíndo gasto público social,
máis substanciais dos que se veñen producindo desde hai anos, recortes que se
nos di son necesarios para recuperar “a confianza dos mercados financeiros”,
unha frase que parece determinar todas as políticas propostas tanto polo
goberno español como polo maior partido da oposición, o PP.
...
A
eficacia económica converteuse na preocupación central das empresas, que
descargan sobre o Estado as súas obrigas de solidariedade. Á súa vez, o Estado
desvía estes imperativos cara ás Organizacións non gobernamentais (ONG) ou as
redes humanitarias privadas. Dese xeito, o económico e o social vanse afastando
permanentemente o un do outro. E o contraste entre os dous resulta cada vez
m...