8/2/2012
As organizacións sindicais elaboraron unha declaración e asumiron unhas liñas de traballo para este ano
Arredor de 600 persoas chegadas de todos os
continentes participaron na 37ª
Conferencia de Coordinación e Solidariedade co Pobo Saharauí, reunida na cidade
de Sevilla, os días 3, 4 e 5 de febreiro. Como vén sendo habitual, as
organizacións sindicais participantes elaboraron unha declaración e asumiron
unhas liñas de traballo para este ano 2012. Estas reflexións terán continuidade
durante o Congreso da UGTSARIO, a celebrar no mes de outubro nos campamentos de
refuxiados.
7/2/2012
Pablo Micheli sobre a loita en prol do recoñecemento da “personería gremial” e da situación actual da clase traballadora no país latinoamericano
A Fundación Moncho Reboiras-Fesga vén de publicar unha entrevista en vídeo con Pablo Micheli, secretario xeral da Central de Traballadores da Arxentina (CTA), que visitou Galiza recentemente convidado pola Confederación Intersindical Galega.
19/1/2012
Varios miles tiveron que abandonar o país polas ameazas de morte recibidas
O 60% dos asasinatos de sindicalistas que se
producen no mundo teñen lugar en Colombia, país no que se contabilizan máis de
2.600 activistas sindicais asasinados nos últimos 28 anos. A maiores, varios
miles tiveron que abandonar Colombia por causa das ameazas de morte recibidas.
No ano 2010 rexistráronse 51 asasinatos e un número lixeiramente menor no ano
que ven de acabar.
16/12/2011
Mantiveron un encontro con membros da Executiva comarcal, a Secretaria Confederal de Muller e o presidente da Fundación Moncho Reboiras
Os locais da CIG na Coruña recibiron este venres a visita de Isabel Rauber, Gonzalo Gómez e Aramita Padrino que, aproveitando a súa estadía no noso País, mantiveron un encontro con membros da Dirección comarcal da central sindical, representantes da Executiva Confederal e da Fundación Moncho Reboiras-Fesga para intercambiar opinións e puntos de vista sobre a realidade económica, social e política de Galiza e Latinoamérica.
13/12/2011
Galiza Nova e a FESGA organizan para este xoves 15 de decembro, ás 20:00 h en Políticas unha charla que será presentada por Suso Seixo
A FESGA e Galiza Nova veñen de organizar unha
conferencia que será presentada polo secretario xeral da
CIG, Suso Seixo, baixo o título “Movementos
sociais e construción do poder popular. Unha ollada dende América Latina”. A charla
correrá a cargo de Isabel Rauber, doutora en Filosofía e investigadora dos
movementos sociais e terá lugar o vindeiro xoves día 15 de decembro, ás 20:00
horas, na aula 0.2 da facultade de Ciencias Políticas, no Campus Sur de Compostela.
25/11/2011
Histórica mobilización da clase obreira organizada do país irmán
A Fundación Moncho Reboiras- Fesga desprazouse até Porto para recoller en vídeo unha das concentracións que a principal central sindical portuguesa (a CGTP-IN) organizou como colofón da “maior xornada de loita dos últimos tempos” que logrou paralizar os principais sectores do país irmán. Os motivos da convocatoria respostaban á loita contra a política de auteridade , o aumento brutal dos custes de vida, a sobre-explotación, o desemprego, a precariedade, as privatizacións e recortes sociais como a supresión da extra do Nadal, medidas brutais que se intensificaron despois do “resgate” da economía portuguesa.
23/11/2011
O acto enmárcase na campaña de mobilizacións conxuntas convocada con outros sindicatos europeos
Varios centos de delegados e delegadas da
CIG concentráronse este mediodía diante dos Consulados de Portugal en Vigo e
Ourense en solidariedade coa folga xeral convocada no país veciño
para este xoves 24 de novembro. Co acto desta mañá preténdese
trasladar o apoio da clase traballadora galega ao paro promovido
polas dúas principais centrais do país veciño, a CGTP/IN e a UGT,
para denunciar as medidas de austeridade que se imporán á maioría
social e que terán como consecuencia a recesión económica, o
aumento da explotación e o empobrecemento xeneralizado da poboación.