Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
xuízo
9/2/2012 A Fiscalía solicitaba catro anos de prisión para o compañeiro por uns feitos na piscina da Barcala
O Xulgado do Penal número 5 da Coruña absolveu Adolfo Naya, secretario de Organización da CIG-Servizos, dos cargos que pesaban contra el por mor duns feitos ocorridos en 2010 nunha piscina de Cambre, no transcurso da folga das instalacións deportivas. A central nacionalista ten denunciado publicamente en numerosas ocasións a campaña de represión da que está a ser obxecto a través de imputacións de militantes e sancións gobernativas.
3/2/2012 Coincidindo co xuízo contra a empresa, que se celebra o martes 7 de febreiro
A Federación de Servizos da CIG de Ferrol ten convocada unha concentración o vindeiro martes, día 7 de febreiro, ás 12:15 horas, coincidindo coa celebración do xuízo, adiado dende o pasado mes de novembro, contra Prosegur Seguridad por acoso a un traballador que se presento una candidatura da CIG ás eleccións sindicais. Coa protesta, a central quere trasladar o seu apoio ao compañeiro e rexeitar o comportamento da empresa.
2/1/2012 Convoca unha concentración diante dos xulgados de Fontiñas, este martes 3 de xaneiro, ás 10:30 horas
O pasado mércores 28 de decembro, o encargado de Autobuses de Calo agredía fisicamente a Nélida Pisco na nave da empresa. A traballadora tivo que ser atendida no centro de saúde, onde se levantou o preceptivo parte de lesións. Mañá martes, día 3 de xaneiro, terá lugar, nos xulgados de Fontiñas, un xuízo rápido pola vía penal. A CIG convoca ás 10:30 horas, unha concentración en repulsa a esta agresión machista diante dos propios xulgados.
2/11/2011 A empresa trasladou ao empregado do centro no que levaba máis de 10 anos, logo de coñecer que ía nas listas da central sindical
Delegados e delegadas da CIG realizaron unha concentración na mañá deste mércores ás portas dos Xulgados de Ferrol en rexeitamento ao acoso laboral que a empresa Prosegur está a realizar a un traballador, afiliado á central sindical. O acto de protesta tivo lugar coincidindo coa celebración do xuízo contra a empresa, que finalmente foi adiado, xa que o avogado da mesma “esqueceu as probas”.
17/8/2011 A CIG denuncia ganancias millonarias da concesionaria a custo de despedimentos e dun mal servizo
A CIG convocou o pasado xoves, día 18 de agosto, ás 11:30 horas, unha concentración diante do Xulgado do Social de Vigo, coincidindo coa celebración do xuízo polo despedimento de dous traballadores de AUDASA, concesionaria da explotación da AP-9.
7/6/2011 Xosé Fernández Piñeiro estaba acusado por empregados/as da conserveira de insultos, ameazas, coaccións e agresións
O secretario nacional da FGAMT-CIG, Xosé Fernández Piñeiro, saíu absolto do xuízo de faltas celebrado hoxe no Xulgado de Instrución número 8 de Vigo despois de que os denunciantes decidisen retirar as acusacións de insultos, coaccións e ameazas que supostamente se produciran no mes de abril de 2010 cando os propietarios de Alfageme pretendían retirar uns pagarés das instalacións da empresa e trasladalos á oficina da inmobiliaria Promalar. Dous vixilantes de seguridade e unha secretaria renunciaron a manter os cargos ao non comparecer o ex xerente da conserveira, de igual xeito que as dúas traballadoras que denunciaran á secretaria por agresión.
3/6/2011 Xosé Fernández Piñeiro está acusado de insultos, ameazas, coaccións e agresións polos propietarios da conserveira
A CIG ten convocada unha concentración solidaria o vindeiro martes día 7 diante dos xulgados de Vigo a partir das 11.30 horas, coincidindo coa comparecencia do secretario nacional da FGAMT. Xosé Fernández Piñeiro foi acusado polos donos de Alfageme de insultos, ameazas, coaccións e agresións durante un conflito producido no mes de abril de 2010 na conserveira cando os propietarios pretendían retirar uns pagarés das instalacións da empresa e trasladalos á oficina da inmobiliaria Promalar mentres os empregados/as seguían sen cobrar.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com