7/4/2010
Máis de 20 escritores/as, crÃticos literarios, profesores/as ou investigadores/as participarán nos seminarios,conferencias e debates
As XX Xornadas de Lingua e Literatura, organizadas pola Confederación Intersindical Galega do Ensino (CIG-Ensino) e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), van ter lugar os dÃas 9 e 10 de abril, na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago ( Avda. Xoán XXIII s/n ). Cada ano veñen asistindo a elas un importante número de participantes, na súa maiorÃa profesorado de Lingua e Literatura Galega.