10/10/2011
A fraude fiscal superou os 60 mil millóns de euros en 2010
A reforma do artigo 135 da Constitución para
fixar a “estabilidade orzamentaria” por mandato constitucional puxo en primeiro
plano do debate cuestións marcroeconómicas como o déficit ou a débeda pública. Para
entender a complexidade do tema, Natividade López Gromaz, economista do Gabinete
Técnico de Economía da CIG elaborou un minucioso traballo no que se explica
como funcionan un e outra e onde se recollen unha serie de propostas para
enfrontar o déficit público sen recortar prestacións e servizos públicos.
24/8/2011
Suso Seixo asegura que só beneficiarán ás empresas e adianta que a CIG continuará a mobilizarse para dar resposta aos constantes ataques contra a clase traballadora
A CIG cualifica como “altamente negativas” as
medidas aprobadas polo Executivo no Consello de Ministros do pasado venres.
Medidas que o secretario
xeral, Suso Seixo, considera que van na liña do xa aprobado
na reforma laboral, que pretenden unicamente “facilitar o despedimento,
proporcionar ás empresas man de obra barata” e que denotan a “intencionalidade
e a ideoloxía neoliberal do goberno”. Diante destes ataques á clase
traballadora a CIG anuncia que continuará a mobilizarse para dar a estas medidas a resposta que
merecen.
1/5/2010
Exixen unha reforma estrutural, para que se potencien os sectores produtivos, un incremento do gasto social e unha reforma fiscal para que pague máis quen máis ten
Miles de persoas saíron á rúa neste Primeiro de Maio, Día do Internacionalismo Proletario, para manifestarse coa CIG en demanda de emprego e salarios dignos e para reclamar unha reforma do sistema fiscal para que se garanta a súa progresividade para que a crise non a pague a clase traballadora, senón aqueles que a provocaron. A manifestación central, e a máis numerosa, foi a convocada en Vigo, onde participaron 8.000 de persoas.
27/4/2010
Baixo os lemas “ Emprego e salarios dignos. Non ao pacto social” e “O déficit público que o pague o capital. Reforma fiscal xa!”
A CIG convocará para o Primeiro de Maio, ‘Día do Internacionalismo Proletario’ manifestacións en todas as comarcas baixo os lemas “Emprego e salarios dignos. Non ao pacto social” e “O déficit público que o pague o capital. Reforma fiscal xa!”. A manifestación central, como en anos anteriores, terá lugar en Vigo, con saída do Cruce da Doblada ás 12:00 horas.
Nestes dous lemas preténdense sintetizar os
eixos nos que a central sindical centrará a campaña a desenvolver arredor desta
significativa data. Por unha banda, salientando os principais problemas que
padece a clase traballadora por mor da crise: emprego e salarios e, pola outra,
reclamando unha reforma fiscal para que se garanta a progresividade do sistema
e que paguen máis quen máis teñen.