4/4/2012
A central nacionalista acadou 3 dos 5 representantes
A CIG acadou maioría absoluta en Os Irmandiños, cooperativa de servizos e produtos agropecuarios de Ribadeo, ao obter tres delegados mentres que UGT acadou un e unha candidatura independente outro. A participación nas votacións foi do 72%.
19/4/2010
Dende a CIG-Administración na AEAT denuncian a falla de persoal e as deficiencias materiais
O sector da Axencia Tributaria da CIG-Administración vén de denunciar novamente as deficiencias na vixilancia aduaneira das costas galegas, nesta ocasión por unha avaría da embarcación Alcaravan II, con base en Ribadeo. Dende a CIG na AEAT critican a falta de persoal e de medios materiais que dificultan as labores na loita contra o narcotráfico.
12/2/2009
A embarcación de Ribadeo está parada dende novembro de 2008 e a lancha de Muros precisa dunha reparación urxente
A CIG quere
denunciar unha vez máis a falta de interese que mostran os responsábeis de
Vixilancia Aduaneira na loita contra o narcotráfico en Galiza. A patrulleira de
Ribadeo Alcaraván II leva dende o mes de novembro de 2008 parada por reparación
nos motores. Recentemente, no medio dos temporais pasados, tivo que trasladarse
a de A Coruña a realizar un servizo que en principio tería que facer a de
Ribadeo, o que supón que ademais de atrasar e poñer en risco o operativo,
arriscase a vida dos funcionarios que teñen que desprazarse moitas millas en
condicións meteorolóxicas moi adversas, de alarma vermella.
24/4/2008
A MANIFESTACIÓN CELEBRARASE ÁS 12:30 EN BURELA
A CIG de A Mariña realizou o 23 de abril en Ribadeo unha asemblea preparatoria do 1º de Maio, á que asistiron 50 delegados. A manifestación partirá ás 12:30 horas desde a Avenida Arcadio Pardiñas en Burela, fronte ao local da CIG.