7/5/2010
As protestas quedaron aprazadas á espera do que aconteza na xuntanza da mesa negociadora o vindeiro 10 de maio
Delegados e delegadas do comercio téxtil manifestáronse novamente esta mañá en Vigo en demanda da renovación do convenio da provincia de Pontevedra, cuxa vixencia expirou en decembro de 2008. Dende a CIG-Servizos critican a actitude adoptada polo grupo empresarial Inditex que, a pesar de contar co maior número de estabelecementos no sector, négase a participar na mesa negociadora.
4/5/2010
CIG-Servizos demanda un incremento salarial lineal para todas as categorías e que as dependentas, cun salario de 834 €, pasen a ser mileuristas en dous anos
O próximo venres día 7 de maio, ás 12:00 horas concentraranse, na rúa Príncipe de Vigo, delegados e delegadas do sector de comercio téxtil en demanda da negociación do convenio colectivo da provincia de Pontevedra, paralizado desde decembro de 2008. Esta é a segunda mobilización convocada logo de que o pasado venres día 30 de abril se manifestaran polas rúas do centro de Vigo.