marco
Artigos de opinión
O guerreiro Obama e o peixe fora d’água
18/03/2010Frei Betto
Obama é uma decepção! Recebeu imerecidamente o Nobel da Paz -um presidente que guerreia o Iraque, o Afeganistão e o Paquistão- e, em discurso...
A Alemanha e a Europa do futuro
18/03/2010Alexandrino Fernandes
O modelo de desenvolvimento que tem feito da Alemanha nestes últimos anos o maior exportador mundial assenta no progressivo empobrecimento da pop...
Crise do capitalismo e protagonismo da periferia
18/03/2010Márcio Pochmann
O sistema capitalista revela em suas crises periódicas momentos determinados de profunda reestruturação. São oportunidades históricas em que ...
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
fesga
15/1/2010 Terá lugar en Vigo o martes 19, a partires das 20h, no Salón de Actos do local da CIG (R/ Gregorio Espino 47).
Gonzalo Gomez II
A Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza (FESGA), dentro da súa actividade divulgadora, ven de organizar unha conferencia-coloquio para o vindeiro martes 19 na cidade de Vigo na que se abordará a situación e expectativas do proceso revolucionario que está a ter lugar en Venezuela, no marco da vixente crise sistémica e do actual escenario internacional.
5/11/2009 Organizada por Fesga, o vindeiro venres 6 de novembro, ás 20:00 horas no Salón de Actos da CIG de Vigo
Leonardo Batalla
O vindeiro 6 de novembro ás 20:00 horas, no Salón de Actos da CIG, en Vigo, na rúa Gregorio Espino, Leonardo Batalla, membro do Departamento de  Relacións Internacionais do PIT-CNT e integrante do Grupo Coordenador do Encontro Sindical Nossa América, dará unha conferencia-coloquio sobre a situación política e social no Uruguai, informando ademais sobre a actualidade da articulación continental do sindicalismo de clase e dos movementos populares na América Latina.
16/2/2009 A mostra poderase visitar do 16 ao 20 d febreiro en Bilbao
Exlio Venezuela
A exposición "O exilio galego en Venezuela" pódese visitar dende o día 16 até o 20 de febreiro na Bilboko Burtsa, Yohn jauregia. A exposición, da autoría do investigador e especialista no exilio en Venezuela, Xurxo Martínez Crespo, está editada pola Fundación para o Estudo e a Divulgación Social e Sindical en Galiza, Fesga, e organizada pola Asociación Cultural Rosalía Castro de Barakaldo coa colaboración de Raúl Río.
6/2/2009 O venres 13 de febreiro a partir das 10:00 no local da CIG en Compostela
Adrian Sotelo
O vindeiro venres 13 de febreiro, de 10:00 a 14:00 h., no local da CIG en Compostela, no marco da actividade de formación sindical da CIG, a Fundación para o estudo e divulgación da cuestión social e sindical en Galiza (FESGA) organizará unha conferencia-coloquio, a cargo do sociólogo Adriano Sotelo, sobre a situación política e social en México no contexto da actual crise do capitalismo mundial.
20/1/2009 Unha EXPOSICIÓN E o CADERNO “A loita labrega contra os foros e o caciquismo” conmemorarán a data
caderno agrarismo
FESGA, a fundación da CIG para o estudo e divulgación da cuestión social e sindical en Galiza, na súa liña de divulgación da historia do noso país, vén de conmemorar o centenario da primeira asemblea agraria galega, coa realización dunha completa exposición e a edición dun caderno titulados “A loita labrega contra os foros e o caciquismo”, en colaboración co Concello de Monforte de Lemos e coa Diputación Provincial de Lugo.
12/12/2008 A profesora de Economía Aplicada ofreceu unha conferencia-coloquio aos cadros sindicais da CIG
08-12-12 Xornada Garcia Negro
A profesora de Economía Aplicada da USC, María do Carmo García Negro, participou nunha xornada dedicada a analizar como se está a desenvolver a crise económica internacional e cales son as alternativas que se poden achegar dende Galiza. García Negro puxo especial énfase en resaltar a imbricación que existe entre a economía financeira e a economía produtiva, así como a necesidade de actuar dende o noso País.