9/3/2012
Deben facerse chegar antes do día 28 de marzo, incluído
O DOG do 8 de marzo
publica a Orde pola que se abre o prazo de solicitudes de residencias de tempo
libre. Como central sindical a CIG ten dereito a unha reserva de solicitudes de
calqueira afiliado/a que queira desfrutar das mesmas. Os interesados/as poden
remitir a súa solicitude vía correo electrónico ou fax á sede central en
Compostela até o día 28 de marzo, incluído.
10/3/2011
O prazo para entregalas, vía fax ao local nacional da CIG, remata o vindeiro 29 de marzo
Ábrese o prazo de entrega de solicitudes para as Residencias de Tempo Libre de Panxón e do Carballiño. As/os afiliadas/os interesadas/os poden remitilas, vía fax ao local nacional (981 571 082), antes do 29 de marzo.
14/5/2010
Acompañadas por delegados/as da CIG pecháronse na Delegación da Consellaría de Educación en Pontevedra
Traballadoras do CPI de Panxón e delegados/as da CIG pecháronse o xoves na delegación da Consellaría de Educación en Pontevedra para reclamar a continuidade das seis compañeiras despedidas, logo de que a Xunta decidise anular o servizo de limpeza contratado á empresa da que dependían estas empregadas, catro das cales xa levaban traballando no centro 23 anos.