Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
O voto no SIM na Escócia soltaria a mais perigosa das coisas: a esperança
15/09/2014George Monbiot
Se a Escócia se tornar independente, sê-lo-á apesar dos esforços de quase todo o establishment do Reino Unido. Sê-lo-á porque os meios de com...
Ucrânia: O empréstimo do FMI, sob a nova guerra fria
15/09/2014Michael Hudson
O apoio dos EUA e do FMI parece destinar-se a ajudar a reduzir a dependência europeia do gás russo de modo a espremer sua balança de pagamentos....
Alucinações bélicas
15/09/2014Jorge Cadima
O Estado-Maior da guerra imperialista, a NATO, realizou uma Cimeira há poucos dias. O extenso comunicado final da Cimeira é alucinante. O ataque ...
Independência da Escócia: Romper o decadente Estado britânico
11/09/2014Tariq Ali
O notável crescimento do movimento pró-independência é o resultado do desmantelamento do Estado Social feito por Thatcher, com os aplausos e a ...
UE, um modelo de capitalismo dependente
11/09/2014Vaz de Carvalho
Os tratados da UE e o euro são o culminar de um processo de relações de capitalismo dominado face a um centro dominante, em que são estabelecid...
Obama, a máscara do fariseu
05/09/2014Miguel Urbano Rodrigues
educación especial
9/10/2012 A CIG-Ensino solicitou unha entrevista cos conselleira de Traballo de Benestar para buscar solucións para estes centros
Delegadas e delegados da CIG-Ensino dos centros de atención a persoas con discapacidade concentráronse esta mañá diante da Consellaría de Traballo e Benestar, en San Caetano, para denunciar a situación crítica que atravesan estes centros debido aos recortes aplicados nas axudas e subvencións. A CIG-Ensino tamén presentou un escrito no que solicita unha entrevista coa Conselleira para que, no prazo máis breve posible, se aborden solucións para estes centros, as súas usuarias/os e traballadoras/os.
10/10/2011 Ante a agresión a catro traballadoras por parte dun usuario do centro
A Sección Sindical da CIG no Centro de Educación Especial Terra de Ferrol vén de demandar da Consellaría de Educación que desenvolva coa maior urxencia un Plan Específico de Prevención e Atención das Agresións aos traballadores/as deste tipo de centros.
31/3/2011 A central revalida a súa condición como sindicato máis representativo en Aspronaga
A CIG-Ensino gañou as eleccións sindicais celebradas o pasado 28 de marzo no centro Ricardo Baró, ao conseguir os/as 5 delegados/as que conformarán o Comité de empresa. De feito, central nacionalista foi a única organización capaz de presentar candidatura, revalidando así a súa condición de sindicato máis representativo.
17/2/2011 Delegados/as da CIG concéntrase diante da EGAP, onde se celebraba a Mesa Xeral de negociación dos/as empregados/as públicos
O mércores 16 de febreiro, delegados e delegadas da CIG concentráronse diante da EGAP, onde se estaba a celebrar a Mesa Xeral de negociación dos empregados/as públicos na que a Xunta presentou a proposta de amortizar 51 postos de traballo no centro de educación especial Terra de Ferrol.
31/1/2011 Traballadores e traballadoras reivindican o mantemento da xestión pública e de todos os empregos
Os traballadores e traballadoras do centro de educación especial Santiago Apóstolo da Coruña desenvolveron o pasado mércores 26 de xaneiro unha concentración-marcha en demanda do mantemento dos postos de traballo e a xestión pública. Reclaman á Xunta de Galiza que cree un centro de día e unha residencia para adultos e manteña o colexio e a residencia para menores, como únicos garantes da continuidade deste servizo público.
28/12/2010 Uns 30 vehículos participaron na caravana de coches convocada pola CIG e UGT contra a privatización e a amortización de empregos
Arredor de 30 vehículos e uns 90 traballadores e traballadoras do centro de educación especial Santiago Apóstolo participaron, o pasado xoves 23 de decembro, na caravana convocada pola CIG e UGT polas rúas de A Coruña en defensa deste servizo social público e dos 19 empregos que a Xunta pretende amortizar.
16/12/2010 O músico e escritor Xurxo Souto encargouse de ler un manifesto na defensa dos postos de traballo e da xestión directa
Traballadores e traballadoras do centro de educación especial Santiago Apóstolo representaron na mañá deste venres, diante do edificio administrativo da Xunta en A Coruña, o “velorio” pola morte deste servizo público. A protesta, enmárcase no calendario de mobilizacións convocado pola CIG e UGT na defensa da xestión pública do centro e contra a amortización de 19 empregos decretada pola Consellaría de Traballo e Benestar.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com