4/4/2011
Máis de medio cento de persoas concéntranse ás portas de Ceaga en Vigo para esixir a constitución dunha mesa de diálogo
Máis
de medio cento de persoas participaron na concentración
convocada pola CIG ás portas da sede do Cluster de Empresas da
Automoción de Galicia (Ceaga), na Avenida Citrén de Vigo, para
rexeitar as declaracións feitas dende a patronal no sentido de
precarizar aínda máis as condicións laborais no sector. A
Coordinadora da Automoción da central nacionalista amosou con esta
protesta a súa oposición aos plans de redución de salarios e
incremento da flexibilidade e reclamou ante a dirección do cluster a
constitución dunha mesa de diálogo.
3/11/2010
A Coordinadora da Automoción da CIG mantivo unha xuntanza cos representantes da patronal para abordar a situación no sector diante do anuncio de frabicación dos novos modelos de Citroen
A Coordinadora da Automoción da CIG mantivo na mañá deste mércores unha reunión cos representantes do Clúster de Empresas de Automoción de Galiza (CEAG) para abordar a situación das empresas do sector que neste momento non contan con carga de traballo para os novos modelos de Citroen e tratar de buscar solucións a falta de actividade. Dende o Clúster comprometéronse a repartir a carga de traballo entre todas aquelas factorías que queden sen produción, así como aceptaron crear unha Mesa Social para seguir a evolución da situación nas empresas de automoción.
29/10/2010
A central acada cinco representantes para o Comité de empresa
A CIG mantivo a porcentaxe de voto nas eleccións sindicais celebradas na planta de PSA Peugeot Citroen de Vigo, acadando cinco delegados. Dende a sección sindical realizaron unha primeira valoración do resultado, cualificándoo de satisfactorio, toda vez que nestes comicios se rebaixou o número de membros do Comité, por mor do recorte dos cadros de persoal. Así mesmo, sinalaron que continuarán adiante coa coherente liña de acción sindical desenvolvida nestes últimos catro anos.
18/10/2010
A central esixe unha entrevista cos seus responsábeis para abordar o futuro do sector e non descarta convocar unha folga na comarca viguesa
A Coordenadora da Automóbil da CIG realizou este luns 18 unha acción de protesta na sede do Clúster de Empresas da
Automoción de Galicia (Ceaga) para reclamar unha entrevista cos seus
responsábeis diante das informacións que apuntan a unha
deslocalización dos compoñentes dos novos modelos de Citroën.
Delegados/as da central e traballdores/as do sector ocuparon a sede
de Ceaga durante media hora para esixir carga de traballo para as
auxiliares e o mantemento dos empregos.
1/10/2009
Será en Pontevedra, ás 12.30, co director xeral de Relacións Laborais
O venres 2 de outubro por primeira vez desde que se iniciou o conflito e a presentación do ERE a finais de xuño en Treves, a Administración, a través do director xeral de Relacións Laborais convoca ao Comité de Empresa e á dirección de empresa a unha xuntanza ás 12.30 no edificio da delegación territorial da Xunta en Pontevedra, na que tamén vai estar presente a Inspectora de Traballo que leva este ERE.
8/9/2009
As traballadoras manifestaranse desde o seu centro de traballo até o edificio da Xunta en Pontevedra
O martes 8 de setembro tiña lugar unha rolda de prensa no local da UGT de Pontevedra na que o Comité de Empresa de Treves daba a coñecer o contido da reunión mantida co director da factoria de Citroen, Pierre Ianni, o 7 de setembro, asi como a convocatoria dunha nova xornada de folga prevista para o mércores 9 de outubro, e que volverá levar ás rúas de Pontevedra unha nova manifestación das traballadoras de Treves, que ás dez da mañá sairán desde a sede da súa empresa até o Edificio Administrativo da Xunta en Pontevedra, onde insistirán na necesidade da implicación da Administración para acadar unha solución para este conflito.
7/9/2009
Será o luns 7 de setembro ás 8 no Clube Financeiro de Vigo
O director de PSA Peugeot Citroën en Vigo, Pierre Ianni, recibirá o luns 7 de setembro ao Comité de Empresa de Trèves, auxiliar de Citroën que anunciou o peche dunha das súas dúas naves -dedicada ao téxtil- situadas en Pontevedra. Este encontro, que terá lugar ás 20h00 no Club Financeiro de Vigo, responde a unha expresa petición dos traballadoras, para forzar a implicación de Citroën, como cliente da planta da multinacional francesa, no conflito con Trèves.