As
políticas que se veñen aplicando nos últimos anos que supuxeron unha
deterioración continua dos salarios e das condicións de vida das clases
traballadoras e de menor ingreso foron posíbeis pola extraordinaria acumulación
de poder en mans dos grandes grupos económicos e financeiros.
Pero
ese poder non se refire soamente á súa potencia económica ou á súa cada vez
maior capacid...
Os pensionistas, os traballadores e os socialmente necesitados non viviron por riba das súas posibilidades. Por riba das súas posibilidades viviron todos os maníacos da industria financeira que fixeron os seus negocios especulativos e acadaron grandes beneficios. Por riba das súas posibilidades viviron as elites políticas, como as que, en Grecia, son responsábeis dun gasto militar fóra de t...
O
problema non son os mercados, senón a falta de protección dos Estados fronte á
especulación dos mercados, vulnerabilidade que foi deseñada para debilitalos e
debilitar a protección social, reducir o Estado do Benestar e privatizalo.
Hoxe
estanse a facer no Estado español, tanto polo Goberno español como polos
gobernos das Comunidades Autónomas, enormes recortes de dereitos sociai...
Acabouse
o tempo e xa non existe crédito para comprar máis. Diso parece que só se decataron
os mercados que andan facendo o agosto anticipadamente á conta da pusilanimidade
dunhas autoridades europeas ás que se lles poden opoñer moitas cousas pero,
fundamentalmente, unha: que non entendan nada do que vén ocorrendo na Unión
Monetaria desde a súa creación.
E
estamos así porque ning...
Estase
a xeneralizar un entendemento da realidade que nos rodea que asume que os
estados perderon a súa capacidade de decisión, tendo estes que actuar segundo
os ditados dos mercados financeiros. Esta percepción vai acompañada dunha
narrativa na que as categorías de poder como poder de clase e loita de clase
quedaron totalmente substituídas polo “poder dos mercados que determina o que
ocor...
Débese
considerar o papel determinante que ten a función especulativa dos axentes
financeiros. O mercado ameaza os Estados especulando coa súa débeda. Despois de
desencadear episodios terríbeis de fame ao influír sobre o aumento do prezo dos
cereais en 2008 -as rebelións do fame estendéronse polo mundo mentres se
superaba a barreira dos 1.000 millóns de seres humanos que sofren
desnutrici...
O
capitalismo é inxusto, pero en Europa érao menos. Cada colocación de débeda é
unha nova batalla por recursos limitados. Até o de agora gañaron os grandes
capitais, a pesar da resistencia civil: folgas xerais, manifestacións, paros
sectoriais non serviron. Nas próximas batallas os afectados terán que ensaiar
novas tácticas de resistencia para obrigar os seus gobernos a modificaren o
se...