Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
recorte salarial
17/11/2011 Ante as declaracións do candidato do PP á presidencia do Goberno español nunha entrevista publicada nun xornal estatal
Á vista das declaracións de Mariano Rajoy, candidato a presidente do Goberno español polo PP nas eleccións do próximo día 20N, nunha entrevista que hoxe publica un xornal estatal, a respecto do recorte salarial para o persoal da administración pública e sobre a posibilidade de novas rebaixas das retribucións e retallamentos de servizos públicos; a CIG-Administración Pública (tal e como xa se ten manifestado dentro das posicións da Área Pública da CIG) quere comunicar que non está disposta a aceptar nin baixadas, nin recortes salariais e esixe á recuperación dos soldos, a anulación da contraproducente taxa de reposición e a paralización da amortización directa de miles de postos de traballo.
15/6/2011 Diante do aval do Tribunal Constitucional ao recorte salarial aplicado ás empregadas e empregados das administracións
A Área Pública da CIG vén de anunciar que continuará adiante co defensa dos dereitos das empregadas e empregados públicos e na loita contra os recortes que nos últimos tempos vén padecendo este colectivo. A afirmación chega logo de coñecerse o auto do Tribunal Constitucional polo que non admite a trámite a cuestión de inconstitucionalidade promovida pola Sala do Social da Audiencia Nacional en relación coa aplicación da rebaixa salarial aos/ás traballadores/as da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre e Real Casa da Moeda (FMNT-RCM).
13/5/2011 Posicionamento das Federacións de Área Pública ante os rumores insistentes que apuntan a próximos ataques contra o persoal das administracións públicas
Diante dos insistentes rumores, as Federacións da Área Pública da CIG (Administración, Saúde e Ensino) queren manifestar o seu absoluto rexeitamento a calquera posíbel novo recorte salarial dos empregados/as das administracións públicas. Neste senso, subliñan que os traballadores/as da administración se converteron nestes últimos anos na primeira vítima das medidas dos gobernos para supostamente combater a crise e teñen padecido unha agresiva e continuada campaña de desprestixio social, co único obxectivo de dividir á clase traballadora e xustificar a amortización de postos de traballo e o progresivo desmantelamento do estado de benestar.
30/3/2011 O xulgado Contencioso-Administrativo 2 de Vigo dá a razón a demanda interposta pola CIG-Ensino
O Xulgado Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo dálle a razón á CIG-Ensino nunha demanda interposta polos servizos xurídicos do sindicato contra a decisión da Consellaría de Educación de reducir nun 5% a gratificación que se lle abonou a un docente que se acolleu no ano 2010 á xubilación anticipada.
21/12/2010 Á espera de que a empresa de ambulancias acorde sentar a negociar
Os traballadores e traballadoras de Emersan Galicia, empresa que realiza o transporte sanitario para o Hospital Arquitecto Marcide, cumpre este martes unha semana en folga, á espera de que a dirección se preste a abrir unha vía de diálogo coa parte social. Non obstante, o persoal si constatou que a empresa decidiu aplicar a rebaixa salarial do 10% e non vai abonar a paga extraordinaria de decembro.
17/12/2010 Arredor de 25 coches participaron na protesta para trasladar á cidadanía as razóns para rexeitar o borrador do novo decreto
Persoal de transporte sanitario da comarca da Coruña participou na mañá deste venres na caravana de vehículos que percorreu a cidade herculina para dar a coñecer entre a poboación os recortes de servizos de ambulancias e a perda de postos de traballo que supón o borrador do novo decreto. Ademais, coa protesta quérese amosar o rexeitamento á rebaixa salarial do 10% anunciada hai uns meses pola patronal, que se aplicaría neste mes de decembro a través da suspensión do abono da paga extraordinaria.
9/11/2010 As centrais sindicais denuncian que a Xunta pretende desmantelar o actual sistema de transporte sanitario público co novo decreto
As centrais sindicais CIG, UGT e CCOO compareceron este martes en rolda de prensa para anunciar a convocatoria de mobilizacións e dunha xornada de folga no sector das ambulancias de Galiza en contra do recorte nos servizos que pretende a Xunta, recollido do borrador do novo Decreto do transporte sanitario, así como da rebaixa salarial que a patronal vén de anunciar a través dos medios de comunicación. As centrais sindicais desenvolverán asembleas ao longo desta semana para propor ao conxunto dos traballadores e traballadoras do sector a realización dun calendario de protestas contra este novo ataque aos servizos públicos, que ademais podería desencadear a destrución de máis do 30% dos actuais cadros de persoal.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com