28/5/2010
Esta é a terceira vez que se repetía o proceso electoral
A CIG-Servizos de Ferrol amosa a súa satisfacción polos resultados obtidos nas eleccións sindicais celebradas o pasado xoves 27 de maio en “DIA Supermercado”, nas que houbo unha elevada participación. As eleccións eran a nivel provincial e escollíase un comité de 13 representantes. O anterior estaba conformado na súa totalidade polo sindicato FETICO. Porén, tras deste proceso FETICO fica con 6 delegos/as, a CIG obtén 3 representantes, 2 CCOO e 3 a UGT.