Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
medidas para reducir o déficit
15/6/2011 Diante do aval do Tribunal Constitucional ao recorte salarial aplicado ás empregadas e empregados das administracións
A Área Pública da CIG vén de anunciar que continuará adiante co defensa dos dereitos das empregadas e empregados públicos e na loita contra os recortes que nos últimos tempos vén padecendo este colectivo. A afirmación chega logo de coñecerse o auto do Tribunal Constitucional polo que non admite a trámite a cuestión de inconstitucionalidade promovida pola Sala do Social da Audiencia Nacional en relación coa aplicación da rebaixa salarial aos/ás traballadores/as da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre e Real Casa da Moeda (FMNT-RCM).
14/9/2010 Descoñécese en que medida se verá afectada a súa cotización á Seguridade Social e como afectará isto ás futuras pensións
As federacións da área pública da CIG –Administración, Saúde e Ensino- veñen de manifestar, na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, reunida esta mañá en Madrid, a súa “rotunda oposición” á proposta de conxelación salarial presentada na mesma. Un recorte que se engade á redución do 5% imposta o pasado mes de maio e á perda de poder adquisitivo que veñen acumulando desde hai anos por mor duns incrementos salariais inferiores ao IPC real. Neste sentido, María Carme López Santamariña, secretaria nacional de CIG-Administración, que participou na xuntanza en representación da área pública da CIG lembrou que “o IPC do mes de agosto situouse no 1,8%”.
22/6/2010 Coincidindo co debate no Parlamento do decreto para trasladar as medidas de redución do déficit público
Delegados e delegadas da área pública da CIG desenvolveron unha concentración na mañá deste martes diante do Parlamento de Galiza para amosar o seu rexeitamento ás medidas de redución do déficit público adoptadas polo goberno estatal e que a Xunta de Galiza vai aplicar aos empregados/as públicos, sen minimizar o seu impacto, a pesar de ter capacidade para facelo. As Federacións de Administración, Ensino e Saúde denunciaron novamente a hipocrisía do PP e demandaron que antes de recortar as retribucións dos traballadores/as se reduzan os numerosos gastos superfluos da administración.
8/6/2010 As federacións da área pública lamentan o papel xogado por CCOO e UGT, que non convocaron sequera asembleas para informar ao persoal
As federación da área pública da CIG cifran o seguimento da folga convocada para hoxe en preto dun 50%. A folga foi secundada de forma desigual dependendo dos centros de traballo. Na administración, a maior incidencia tívoa nos grandes concellos, cunha participación que superou o 80%, mentres que na Sanidade foi menor por mor duns servizos mínimos que a CIG-Saúde xa denunciou por seren abusivos. No ensino, a folga foi secundada nalgúns centros por practicamente o 100% do profesorado mentres que noutros a incidencia foi moito menor. Salienta a participación activa do persoal das universidades galegas, que se achegou ao 100%.
8/6/2010 Máis de 7.000 persoas participan nas manifestacións convocadas pola central sindical en todas as comarcas
Máis de 7.000 persoas participaron nas mobilizacións convocadas pola CIG nas sete cidades coincidindo coa xornada de folga no sector público. Unha folga que tivo un moi desigual seguimento pero que se achega ao 50% no conxunto da área pública galega, chegando a superar o 80% nos concellos das grandes cidades. Na manifestación de Compostela, na que participou Suso Seixo, o secretario xeral fixo un chamamento a pasar a ofensiva e camiñar cara unha folga xeral. Seixo criticou a política de confusión de CCOO e UGT de convocar folgas logo de que as medidas xa están adoptadas “porque xa sabemos de antemán o tipo de medidas que se van adoptar e os recortes laborais que se queren aplicar”. O secretario xeral lembrou que a CIG ten convocadas mobilizacións en todas as comarcas para o vindeiro 17 de xuño.
4/6/2010 “Se o PP galego fora coherente co que votaron no Congreso aquí non as aplicaría”
A área pública da CIG ven de facer público o seu rexeitamento á aplicación en Galiza das medidas, aprobadas pola mínima no Congreso, para reducir o déficit. As federacións de Administración, Saúde e Ensino aseguran que o goberno galego tiña capacidade para minimizar o seu impacto e indo máis alá, mesmo denuncian que “se foran coherentes co que votaron no Congreso, aquí non as aplicarían”. A CIG trasladará esta posición á Mesa Xeral da Función pública, convocada para o vindeiro luns ás 13:30 e agarda que se teñan en conta as súas demandas. “Estaba nas mans de Feijóo facer recortes que non foran tan lesivos para as retribucións dos empregados/as públicos/as  en Galiza, pero preferiu traspor directamente o decreto aprobado no Congreso”, explica María Carme López Santamariña, secretaria nacional da CIG-Administración.
2/6/2010 A CIG fixo a convocatoria “En defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos”
Empregados e empregadas públicas concentráronse diante dos seus respectivos centros de traballo en todas as comarcas do país para denunciar os recortes salariais e o conxunto de medidas impostas polo goberno para reducir o déficit público. As concentracións producíronse de forma simultánea en practicamente todos os lugares onde estaban convocadas, entre as 11:00 e as 12:00 horas. Ao remate das mesmas, fixeron un chamamento a participar na folga convocada na área pública para o día 8 de xuño e alertaron de que sen mobilización, introduciranse medidas aínda máis duras.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com