Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
medidas anticrise
13/5/2011 Posicionamento das Federacións de Área Pública ante os rumores insistentes que apuntan a próximos ataques contra o persoal das administracións públicas
Diante dos insistentes rumores, as Federacións da Área Pública da CIG (Administración, Saúde e Ensino) queren manifestar o seu absoluto rexeitamento a calquera posíbel novo recorte salarial dos empregados/as das administracións públicas. Neste senso, subliñan que os traballadores/as da administración se converteron nestes últimos anos na primeira vítima das medidas dos gobernos para supostamente combater a crise e teñen padecido unha agresiva e continuada campaña de desprestixio social, co único obxectivo de dividir á clase traballadora e xustificar a amortización de postos de traballo e o progresivo desmantelamento do estado de benestar.
25/6/2010 A organización política recollerá as achegas da central nas mocións ao proxecto de lei que vai presentar no Congreso
Unha representación das Executivas da CIG e o BNG mantiveron esta mañá unha nova xuntanza para analizar a situación de crise e as graves consecuencias económicas e sociais que está a ter para milleiros de persoas. Ambas organizacións criticaron a ausencia de respostas favorábeis á maioría social por parte do goberno central e galego e coincidiron na necesidade dunha aposta por un cambio de políticas de cara a camiñarmos a un novo modelo económico e social máis xusto, solidario e sustentábel.
17/6/2010 A central advirte que se non hai unha resposta contundente na rúa o poder económico e político continuará cos recortes á clase traballadora
Unhas 12.000 persoas participaron esta tarde nas manifestacións convocadas pola CIG en toda Galiza en resposta a aprobación dunha reforma laboral que suporá o recorte de dereitos máis importante dos últimos trinta anos. O texto aprobado polo goberno español, que atende ás demandas históricas da patronal de facilitar e abaratar o despedimento, deixa nunha total indefensión á clase traballadora, polo que dende a CIG se fixo un chamamento á dar unha resposta contundente na rúa que paralice este ataque, pero tamén para demandar que se adopten políticas para combater de xeito eficaz a crise dende un punto de vista favorábel á maioría social.
15/6/2010 A protesta enmárcase nos actos da unión comarcal previos ás mobilizacións do xoves 17 de xuño
Delegados e delegadas da CIG de Ferrol levaron a cabo esta mañá un peche na oficina central do Banco Santander na cidade para denunciar a hipocrisía dunha banca que está a recibir inxentes cantidades de cartos públicos mentres reclama que se recorten os salarios dos traballadores/as e se precaricen aínda máis ás condicións laborais. A protesta, que se prolongou durante dúas horas, enmárcase nos actos que a Unión Comarcal está a desenvolver de cara ás mobilizacións que a CIG ten organizadas o xoves 17 de xuño en todo o País e continuarán nas vindeiras horas cunha intensa actividade de concienciación nos centros de traballo.
10/6/2010 A central nacionalista fai un chamamento, a todos os traballadores e traballadoras, a rexeitar as medidas anticrise propostas polo Goberno español e demandar a convocatoria dunha folga xeral
A Confederación Intersindical Galega convoca para o vindeiro xoves 17 de xuño unha serie de mobilizacións en todo o país para rexeitar na rúa as medidas anticrise propostas polo Goberno español e loitar por unha folga xeral que paralice a nova reforma laboral. As manifestacións desenvolveranse a partir das oito da tarde en Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Ferrol, Lugo, Ourense e Vilagarcía de Arousa.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com